Tututepec de Melchor Ocampo

Tututepec de Melchor Ocampo é un dos 570 concellos nos que está dividido o estado mexicano de Oaxaca e que se atopa na zona costeira do mesmo. A súa cabeceira municipal é Villa de Tututepec de Melchor Ocampo.

Modelo:Xeografía políticaTututepec de Melchor Ocampo

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 16°03′N 97°32′O / 16.05, -97.53Coordenadas: 16°03′N 97°32′O / 16.05, -97.53
EstadoMéxico
Estado federadoOaxaca Editar o valor em Wikidata
CapitalTututepec de Melchor Ocampo Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación50.541 (2020) Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

O concello de Tututepec de Melchor Ocampo atópase na rexión Costa e no distrito de Juquila, na costa do estado. Ten unha extensión territorial de 1 219.727 quilómetros cadrados que equivalen ao 1,30% da extensión total do estado, sendo as súas coordenadas extremas 15° 55' - 16° 17' de latitude norte e 97° 10' - 97° 48' de lonxitude oeste e a súa altitude fluctúa entre un máximo de 1 600 e un mínimo de 0 metros sobre o nivel do mar.

Limita polo oeste co concello de Santiago Jamiltepec, polo norte con Tataltepec de Valdés, polo nordeste con San Miguel Panixtlahuaca, Santa Catarina Juquila e Santos Reyes Nopala, e polo leste con San Pedro Mixtepec -Distrito 22-. Todo o sur do seu territorio está bañado polo océano Pacífico.

Demografía editar

A poboación total do concello de acordo co Censo de Poboación e Vivenda realizado en 2020 polo Instituto Nacional de Estadística y Geografía, é de 50 541 habitantes, dos cales 24 533 son homes e 26 008 son mulleres.[1]

A densidade de poboación ascende a un total de 40 persoas por quilómetro cadrado.

Localidades editar

O concello está formado por 143 localidades, as principais e a súa poboación de acordo co censo de 2020 son:

Localidade Poboación
Total concello 50 541
Río Grande o Piedra Parada 15 373
San José del Progreso 5 019
La Luz 2 784
Santa Rosa de Lima 2 621
Villa de Tututepec de Melchor Ocampo 1 894

Notas editar

  1. Instituto Nacional de Estadística y Geografía (2010). "Principales resultados por localidad 2010 (ITER)". 

 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.