O Turbomeca TM 333 é un motor turboeixo fabricado pola compañía francesa Turbomeca e deseñado para helicópteros cun peso de 4-5 toneladas.[1] Foi encendido por vez primeira en agosto de 1981 e entrou en servizo a mediados dos 80.[1] Foi o primeiro motor de Turbomeca en usar unha turbina dunha soa etapa, facéndoo máis compacto que os seus predecesores.[1] No seu deseño orixinal o motor entregaba unha potencia continua de 750 CV, aínda que foi deseñado para permitir futuros incrementos,[1] conseguindo a súa posterior variante 2B2 1 100 CV.[2]

Turbomeca TM 333
Tipoturboeixo
FabricanteTurbomeca
Primeiro encendidoagosto de 1981
Principais aplicaciósHAL Dhruv

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "TM.333: a new generation turboshaft" (PDF). Flight International. Consultado o 4 de novembro de 2018. 
  2. "Military engines: Local power". FlightGlobal. Consultado o 4 de novembro de 2018.