Tuojiangosaurus

xénero de dinosauro

Tuojiangosaurus
Rango fósil: Xurásico superior

Esqueleto no Museo de Historia Natural de Londres.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Superorde: Dinosauria
Orde: Ornithischia
Suborde: Thyreophora
Infraorde: Stegosauria
Familia: Stegosauridae
Subfamilia: Stegosaurinae
Xénero: Tuojiangosaurus
Dong, Li, Zhou, Zhang, 1977
Especie tipo
'Tuojiangosaurus multispinus'
Dong, Li, Zhou, Zhang, 1977

Tuojiangosaurus (lat. "réptil de Tuojiang") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro tireóforo estegosáurido, que viviu a finais do período Xurásico, hai aproximadamente 157 e 152 millóns de anos, no Oxfordiense Kimmeridgiense, no que hoxe é Asia. Recobrado da Formación Shangshaximiao na provincia de Sichuan, na China.Tuojiangosaurus era bastante semellante ó Stegosaurus no seu aspecto e nos seus hábitos alimenticios. Medía uns 7 metros de longo, 2 de alto e pesaba arredor de 4 toneladas. Tiña quince pares de placas puntiagudas e estreitas ó longo do dorso, dende o pescozo até o extremo superior da cola. As placas máis longas crecían sobre as súas cadeiras. No extremo da súa curta cola tiña dous pares de afiadas e longas espiñas; unha característica tamén presente no Stegosaurus.

A especie tipo e única coñecida T. multispinus foi nomeada en 1977, exactamente 100 anos despois de Stegosaurus, a partir de dous exemplares. Un destes ten máis da metade do esqueleto completo. Como Kentrosaurus, Tuojiangosaurus tiña dúas filas de placas ó longo das costas, que chegaron a ser máis altas sobre a rexión da cadeira. Tamén tiña dúas púas a cada lado do extremo da cola, inseridas aproximadamente a 45 graos. Nos estegosáuridos, este arranxo do punto coñeceuse informalmente como "thagomizer". Tamén tiña a testa estreita típica, o corpo robusto, e os dentes baixos como outros estegosáuridos. Porque carecía das altas espiñas dorsais para a inserción de músculos atopado nas vértebras do Stegosaurus, probablemente non podía alzarse sobre as súas patas traseiras. Isto suxire que comería a vexetación baixa, próxima do chan.[1]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar