Tubo de ebulición

Un tubo de ebulición é un pequeno recipiente cilíndrico empregado para quentar substancias nun queimador Bunsen. Basicamente, ten a mesma forma ca un tubo de ensaio, aínda que é un 50 % maior, e as súas paredes son máis grosas.[1]

Un tubo de ebulición é moi semellante a un tubo de ensaio.

As súas maiores dimensións permiten que as substancias do seu interior poidan ferver con forza, algo que non ocorre no tubo de ensaio, que é estreito de máis. Cando se quenta un líquido no interior dun tubo de ensaio este pode botarse por fóra con moita violencia, xa que as burbullas de gas non teñen espazo para escapar sen arrastrar o líquido que as rodea.

Os tubos de ebulición fanse de vidro borosilicatado (tamén coñecido como "vidro pírex")[2] por causa da resistencia deste material ás altas temperaturas.

Referencias

editar
  1. "Laboratory Glassware: Types of Laboratory Tubes". Thomasnet.com. Arquivado dende o orixinal o 17/07/2015. Consultado o 24/07/2017. 
  2. "Léxico para vender". Setestrelo, Portal das Palabras. Consultado o 24/07/2017.