Tubo de ensaio
Un tubo de ensaio consiste nun pequeno tubo de vidro (frecuentemente pyrex) ou de plástico (frecuentemente polipropileno), cun extremo aberto (que pode ter unha tapa ou un tapón) e o outro pechado e arredondado, que se utiliza nos laboratorios para conter pequenas mostras líquidas e para realizar reaccións a pequena escala, entre outras cousas.
Metodoloxía de uso para quentar mostras
editarPara quentar durante intervalos curtos de tempo á chama directa pode sosterse o tubo coa man, suxeitándoo pola parte superior. Se se desexa expoñer máis intensamente á calor é necesaria a utilización de pinzas. En ambos os casos debe terse a precaución de non apuntar coa boca do tubo cara a algunha persoa (para evitar proxeccións da mostra). Os tubos de ensaio non se deben encher máis alá do primeiro terzo.
Simbolismo cultural
editarOs tubos de ensaio foron utilizados nos procedementos químicos e biolóxicos e, xunto cos matraces de Erlenmeyer, as probetas e os vasos de precipitados, vense xeralmente como símbolos da ciencia e da experimentación científica.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tubo de ensaio |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Imaxes de tubos de ensaio de polipropileno Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine.