Tube Alloys

programa clandestino do Reino Unido para desenvolver armas nucleares durante a segunda guerra mundial

Tube Alloys foi o nome en código dun programa clandestino de investigación e desenvolvemento, autorizado polo Reino Unido e coa participación do Canadá, para desenvolver armas nucleares durante a segunda guerra mundial. Comezando antes que o Proxecto Manhattan dos Estados Unidos, os esforzos británicos mantivéronse como información clasificada e polo tanto incluso nos círculos máis altos do goberno referíanse a el en conversas codificadas.

Lord Cherwell, conselleiro científico do primeiro ministro, o mariscal en xefe do aire Charles Portal, o almirante da frota Dudley Pound e Winston Churchill en xuño de 1941

A posibilidade de crear armas nucleares xa estivera presente dende o comezo da guerra. Na Universidade de Birmingham, Rudolf Peierls e Otto Frisch coescribiron un memorando no que explicaban que unha pequena masa de uranio-235 puro podería utilizarse para producir unha reacción en cadea nunha bomba co poder de miles de toneladas de TNT. Isto deu lugar á formación do comité MAUD, que propuxo un esforzo por tódolos medios posibles para o desenvolvemento de armas nucleares. Wallace Akers, supervisor do proxecto, escolleu conscientemente o enganoso nome "Tube Alloys". A dirección do proxecto formaba parte do Departamento de Investicgación Científica e Industrial do Reino Unido.

O programa Tube Alloys foi o primeiro proxecto de armas nucleares da historia. Por mor do seu alto custo, e polo feito de que o Reino Unido estaba a loitar nunha guerra a distancia de bombardeo dos seus inimigos, o proxecto subsumiuse finalmente dentro do Proxecto Manhattan. Malia chegar a un acordo cos Estados Unidos para compartir a tecnoloxía de armas nculeares, e para absterse de usalas o un contra o outro ou contra outros países sen consentimento mutuo, os Estados Unidos non forneceu detalles completos dos resultados do Proxecto Manhattan ó Reino Unido. A Unión Soviética conseguiu información valiosa grazas ós seus espías atómicos infiltrados tanto no proxecto estadounidense coma no británico.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar



 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.