Coordenadas: 27°46′06″N 82°39′12″O / 27.768333333333, -82.653333333333

O Tropicana Field, habitualmente coñecido como The Trop, é un parque de béisbol con cúpula situado na cidade de St. Petersburg, Florida (Estados Unidos). É o estadio local dos Tampa Bay Rays da Major League Baseball (MLB) desde a fundación franquía en 1998. Alén do béisbol, tamén é usado para o fútbol americano universitario. Actualmente, é o único recinto das Liga Maiores con cúpula non retráctil, sendo por tanto o único estadio permanentemente cuberto da competición. É ademais o estadio con menor capacidade da MLB, pois unha gran parte dos seus asentos están cubertos cunha lona na maior parte dos xogos dos Rays.

Tropicana Field
Datos
LocalizaciónSt. Petersburg, Estados Unidos
AlcumeThe Trop
Nomes antigosFlorida Suncoast Dome (1990–93)
ThunderDome (1993–96)
Construción
Construción22 de novembro de 1986
Inauguración3 de marzo de 1990
Renovación2014
ArquitectoHOK Sport (Kansas City)
Lescher & Mahoney Sports
Criswell, Blizzard & Blouin Architects
EnxeñeiroJohn A. Martin & Associates (bowl)
Geiger Engineers P.C. (teito)
Custo$130 millóns (1990)
Estadio
SuperficieShaw Sports Turf (artificial)
DimensiónsLeft Field – 315 ft (96 m)
Left-Center – 370 ft (110 m)
Center Field – 404 ft (123 m)
Right-Center – 370 ft (110 m)
Right Field – 322 ft (98 m)
Backstop – 50 ft (15 m)
Capacidade25.000 (42.735 incluíndo asentos cubertos con lona)
PropietarioCidade de St. Petersburg
OperaradoraTampa Bay Rays Ltd.
LocalíaTampa Bay Rays (MLB, 1998– )
T.B. Lightning (NHL, 1993–1996)

Inaugurado en 1990, o primeiro nome do estadio foi o de Florida Suncoast Dome. Cando os Tampa Bay Lightning da National Hockey League se trasladaron ás instalacións, o nome foi mudado a ThunderDome.[1].Permaneeu así até 1996 cando se trasladaron ao seu novo estadio, o Amalie Arena. En outubro de 1996 a compañía de zumes Tropicana Products asinou un contrato por 30 anos polos dereitos de nome do estadio.

Notas editar

  1. Davey, Monica (31 de xullo de 1993). "That rumbling's not so distant". Tampa Bay Times. p. 1B. Consultado o 3 de abril 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar