Abrir o menú principal

Triticum durum

especie de planta
(Redirixido desde "Triticum turgidum")

O trigo duro, trigo molar ou trigo inchado (Triticum durum ou Triticum turgidum) é unha especie común de cereal do xénero Triticum que pertence aos trigos tetraploides por mor á súa conformación de 28 cromosomas.

É unha das especies de trigo con máis alto valor nutritivo, xa que ten un alto contido en glute e está conformado dun 12 a 14% de proteína. É unha especie moi resistente á seca e ás doenzas, malia rendir menos ca outras especies de trigo.

Emprégase principalmente na elaboración de macarróns, espaguetes e outras pastas así como da sémola do cuscús.

Ligazóns externasEditar