Tristana (filme)
Tristana é un filme de 1970 dirixido por Luis Buñuel, baseado na novela homónima de 1892 escrita por Benito Pérez Galdós. É unha coprodución entre España, Italia e Francia.[4] Está protagonizado por Catherine Deneuve e Fernando Rey e foi rodado en Toledo, España. O filme foi nomeado ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 43ª edición dos premios.
Tristana | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tristana |
Director | Luis Buñuel |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Tristana de Benito Pérez Galdós |
Intérpretes |
|
Fotografía | José F. Aguayo |
Montaxe | Pedro del Rey |
Estudio |
|
Distribuidora |
|
Estrea | 29 de marzo de 1970[2] |
Duración | 100 minutos |
Orixe | España Francia Italia |
Xénero | Drama |
Recadación | 3,3 millóns de dólares[3] |
Na rede | |
Sinopse
editarA acción desenvólvese en Toledo. Ao morrer os seus pais, Tristana é confiada a don Lope, un sedutor en declive que xa pasou o seu momento, mais non é capaz de aceptar a súa caducidade. Don Lope seduce a Tristana e esta convértese na súa amante dende os dezanove anos ata os vinte e un. Ela, á que el considera a súa filla e a súa muller, pídelle que a deixe estudar música e arte para poder independizarse. Tristana namórase de Horacio, un pintor que tamén sente o mesmo por ela e acaba marchando con el a Madrid. Tristana sofre un cancro de xeonllo e como consecuencia teñen que amputarlle a perna. Horacio desinterésase por ela e Tristana volve a Toledo.
Personaxes
editar- Catherine Deneuve como Tristana
- Fernando Rey como Don Lope
- Franco Nero como Horacio
- Lola Gaos como Saturna
- Antonio Casas como Don Cosme
- Jesús Fernández como Saturno
- Denise Menace como Armanda
- Vicente Solar como Don Ambrosio
- José Calvo como Bellringer
- Fernando Cebrián como Dr. Miquis
Notas
editar- ↑ UniFrance (ed.). "Tristana de Luis Buñuel (1970)". Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ "Tristana". SensaCine. Consultado o 28 de setembro de 2019.
- ↑ "Tristana (1970)". Jpbox-office.com. Consultado o 10 de decembro de 2017.
- ↑ "Tristana". p. Lumiere. Consultado o 28 de setembro de 2019.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 43ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
editar- Tristana na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)