Tripas à moda do Porto

Tripas à moda do Porto é un prato tradicional portugués orixinario da cidade do Porto, e que, segundo unha lenda, se remonta ó período dos Descubrimentos portugueses.[1]

Tripas à moda do Porto
Tripas à moda do Porto.JPG
Prato de callos do Porto.
NomeTripas à moda do Porto
TipoCallos
Lugar de orixePortugal Portugal
Ingredientescarne, callos, embutidos e feixóns

O prato é confeccionado con varios tipos de carne, callos, embutidos e feixóns brancos. Este prato foi un dos candidatos finalistas ás 7 Marabillas da Gastronomía portuguesa.

A lenda dos tripeirosEditar

O Infante D. Henrique, precisando de abastecer as naves para a toma de Ceuta na expedición militar comandada polo Rei Xoán I en 1415, pediu ós habitantes da cidade do Porto todo o xénero de alimentos. Todas as carnes que a cidade tiña foron limpadas, salgadas e almacenadas nas embarcacións, quedando a poboación sacrificada unicamente cos callos. Foi con elas que os portugueses tiveron de discorrer alternativas alimentarias, xurdindo así o prato "Tripas à moda do Porto", que acabaría por se perpetuar até os nosos días e tornarse, el mesmo, un dos elementos gastronómicos máis salientables da cidade, de tal xeito que, con el, naceu tamén o alcume "tripeiros", como foron chamados dende entón os portuenses.[1]

NotasEditar