Trinquet de Pelayo

El Trinquet de Pelayo de Valencia é coñecido coma La catedral de l'Escala i corda (a Catedral da Escala i corda), e é un dos trinquets con máis renome, non en balde adóitanse disputar as finais de competicións importantes como o Circuit Bancaixa. Ten capacidade para 900 espectadores.

Trinquet de Pelayo baleiro

Historia editar

O 20 de agosto de 1868 inaugurase na rúa de Pelai, á beira da Estació del Nord, un novo trinquet, que recibiu o nome da rúa (aínda non trazada entón), o Trinquet de Pelayo.

 
Cadro de xogadores de Pelayo, 1925

Do fundador, o señor Benet, non se sabe demasiada cousa, só o feito de que construíu o trinquet á beira dun "Tir a la gallina" (Tiro á pita) (unha diversión de moda). A lista de intendentes non é completa: a comezos do século XX foi un tal Rata, nos anos 20 foi Quico el Tramusser d'Alboraia, máis tarde foron Alfredo Mataix e o ex-pilotari Xiquet de Simat. Durante a Guerra Civil o Trinquet de Pelayo foi confiscado por un sindicato que encargou a xestión a un grupo de pilotaris encabezados polo Faixero de Gandia (José Peiró Sanchis), quen se mantivo de intendente co novo réxime franquista. No 1947 pasou a mans da empresa Segarra de La Vall d'Uixó, que restaurou o local, pero as maiores modificacións (como o recubrimento do trinquet) foron obra da empresa Tuzón, propietaria dende o 1976.

Cancha editar

 
O trinquet de Pelayo visto dende a escaleira do rest durante a final do Trofeu Individual Bancaixa do 2005.

Para entrar no trinquet débese pasar polo bar-restaurante Trinquet, na mesma rúa Pelai, e atravesar un pequeno patio con toldo e un pozo (seco, hoxe en día). O Trinquet de Pelayo ten 58,5 m de lonxitude por 11 m de anchura e 9 m de alzada. Polo feito de ser tan ancho os xogadores necesitan habituarse e colocarse correctamente. Está completamente cercado, cuberto, con iluminación e marcador electrónico na parede última da galería do rest.

 
As dúas llotgetes

Conta con catro galeries, as das paredes do dau e do rest máis outras dúas sobre as muralles, as paredes laterais. A llotgeta é moi ancha e un tanto elevada, pero sen muro de protección para os espectadores, ademais a llotgeta de les autoritats' superior cóbrea totalmente, de xeito que por enviar a pelota non basta cunha volea longa, senón que fai falta facela baixa e ben dirixida. No frontón do dau, e xunto á llotgeta, hai unha porta que leva ao bar do trinquet, neste lar tamén adoita haber xente vendo a partida, non ben é outro rincón para defender e/ou evitar que se meta a pelota, no caso de que se peche a porta o rebote pode facer estraños ou saír amortecida.

Nun comezo a terra era de laxas, e até os 1920 era de baldosas. Até 1976 foi un trinquet descuberto, é dicir, sen teito. Tampouco estaba completamente cercado, posto que, a pesar de que as galerías estaban cubertas por unhas mallas metálicas, as pelotas podían saír por riba (ou polos foradets): Se se ía pola parte do dau facíase broma dicindo "Eixa ha anat a l'Institut" (Esa foi ao Instituto) (referíndose ao Instituto Lluís Vives), e se saía polo rest dicían "Eixa ha anat al carrer de l'Ermita" (Esa foi á rúa da Ermida). Debido ao prezo das pelotas de vaqueta, cada vez que unha pelota era enviada fora xa había alguén (normalmente un neno) que se encargaba de seguir a traxectoria e ila a buscar aos patios das casas próximas, os amos das cales como prezo por este servizo esixían a entrada de balde ao trinquet.

Por outra banda, seguindo a muralla da dereita dende a llotgeta até a corda había un lixeiro canto que sacaba as pelotas da parede e obrigaba a xogar de esquerda.

Galería de honra editar

Presidindo o trinquet, na parte superior da galeria do dau, hai penduradas 5 fotografías en gran formato de pelotaris que marcaron época en Pelayo e deixaron pegada. Tendo en conta que xa leva aberto máis de 100 anos, e que pasaron centos de pelotaris de diferentes estilos, o feito de que só haxa 5 indica a rigurosidade e o consenso á hora de cualificalos como mitos da pelota valenciana.

Por orde de esquerda a dereita son:

  • El Nel de Murla
  • Quart
  • Juliet d'Alginet
  • Rovellet
  • Genovés I

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar