Trini Falcés

activista antifranquista LGTBI galega


Trinidad Falcés, nada na Coruña en 1942 e finada na mesma cidade o 10 de agosto de 2022, coñecida tamén como Trini Falcés ou La Trini, foi unha activista española polos dereitos das persoas trans durante o franquismo.[1] Foi a primeira muller abertamente trans da súa cidade natal.[2]

Infotaula de personaTrinidad Falcés
Biografía
Nacemento1942 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de agosto de 2022 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesLa Trini Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaOposición ao franquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista política , activista LGBT , activista dos dereitos transxénero Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de xuño de 1977Manifestación do orgullo gai de Barcelona de 1977 Editar o valor em Wikidata
Premios
Premio Elisa e Marcela (2019)

Traxectoria editar

En 1953, con 11 anos, conseguiu cambiar o nome de Antonio a Trinidad. Emigrou a Barcelona, onde foi fichada por primeira vez pola policía franquista. Encadeou varias condenas e sentenzas de cárcere por incumprir a Lei de vagos e maleantes. En total, cumpriu cinco anos de prisión.[3] Deses anos de reclusión, varios meses pasounos en Badaxoz nun campo de concentración para homosexuais.[4]

Era post-franquista editar

Despois da morte do ditador Francisco Franco en 1975, encabezou en 1977 a primeira marcha do orgullo en Barcelona.[3] Na década de 1990 regresou á Coruña e en 2007 foi recoñecida como vítima do franquismo pola Lei de Memoria Histórica.[4] En 2019 recibiu o premio Elisa e Marcela pola súa loita pola integración e a diversidade sexual.[4][5]

Faleceu o 10 de agosto de 2022 na súa cidade natal.[5]

Notas editar

  1. "Fallece Trinidad Falcés, "La Trini", luchadora antifranquista y la primera transexual de A Coruña". Público (en castelán) (A Coruña). 11 de agosto de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  2. Paricio, Marisa (22 de setembro de 2022). "Trinidad Falcés". Euforia (en castelán). 
  3. 3,0 3,1 "Muere Trinidad Falcés, 'La Trini', luchadora antifranquista e histórica activista trans de A Coruña". Los Replicantes (en castelán). 12 de agosto de 2022. Consultado o 20 de novembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Trapote, Pepa (15 de xuño de 2019). "Trini Falcés, la primera transexual de Coruña, gana el premio “Elisa y Marcela”". EntreNós (en castelán). Consultado o 20 de novembro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 "Fallece Trini Falcés, activista trans que logró cambiar su nombre en el registro civil de A Coruña en 1953" (en castelán). Consultado o 2023-03-19.