Triángulo de sinalización

O triángulo de sinalización é un sinal en forma de triángulo de cor vermella nos bordos e branca no interior que se emprega nas estradas para indicar o lugar dun accidente ou onde hai un vehículo parado por unha avaría ou nun lugar perigoso. En moitos países a regulamentación do tráfico esixen a todos os condutores que o leven nos seus vehículos para usalo cando corresponda na dirección de chegada do tráfico, xeralmente na parte de atrás do vehículo.

Triángulo de sinalización