Trebelliano (en latín, Trebellianus), finado polo 260 ou 268, foi un usurpador romano contra o emperador Galieno que aparecía na lista de Tyranni Triginta (en galego, Trinta tiranos) da Historia Augusta. Os historiadores modernos consideran que é un personaxe ficticio inventado por un dos autores da Historia,[1] de nome Trebelio Polio.

Infotaula de personaTrebeliano

(1553) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Trebellianus Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo III Editar o valor em Wikidata
Mortedécada de 260 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónRoman usurper (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: século III Editar o valor em Wikidata)

Descrición editar

Segundo a Historia Augusta, Trebeliano era un bandoleiro de Cilicia, quen denominaba a súa fortaleza nas montañas isaurias, Palacio, coa mesma denominación có palacio imperial no Palatino de Roma. Tamén estableceu unha ceca e se autoconcedeu o título de emperador. Pero sendo tentado a deixar o seu agocho e descender á chaira, foi atopado e asasinado por Causisoleo, de orixe exipcia, un dos xenerais de Galieno (dux Gallieni),[1][2] irmán de Aurelio Teodoto quen derrotara a Musio Emiliano, outro usurpador exipcio.

Trebeliano tamén é citado por Eutropio[3] mais esa pasaxe considérase unha interpolación posterior ou unha confusión con Regaliano,[4] outro usurpador do Danubio, -e, de feito, varias edicións de Eutropio emendan o texto con Regaliano-. Neste último caso, é posible que esta pasaxe servise de inspiración ao autor da Historia para realiza-lo seu Trebeliano.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Körner, Christian (6 de decembro de 1999). "Usurpers under Gallienus". De imperatoribus Romanis (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2021. 
  2. Smith (1876), p. 1.170
  3. Breviarium, IX, 8
  4. Leadbetter, William (24 de setembro de 1998). "Regalianus (260 A.D.)". De Imperatoribus Romanis (en inglés). Consultado o 7 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Smih (1876). Smith, William, ed. Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. III (en inglés). Londres: John Murray. 

Outros artigos editar