Trastornos depresivos

Os trastornos depresivos son patoloxías mentais do estado de ánimo e do humor. Implican un estado de ánimo desalentador, entristecido ou deprimido. Están asociados tamén á diminución da autoestima e á perda de interese en actividades coas que antes se gozaba, amais da sensación dun futuro desolador. Preséntanse combinados con manifestacións somáticas, vexetativas, psicomotoras, volitivas e cognitivas. Poden xerar gran malestar social e unha consecuente deterioración da calidade de vida.[1][2] Son a primeira causa de discapacidade no mundo.[3] De feito, segundo a Organización Mundial da Saúde, 300 millóns de persoas no mundo padecen algún trastorno deste tipo.[4][2]

Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Véxase tamén: Depresión.

Sintomatoloxía editar

A depresión pode ser un síntoma, unha síndrome ou unha entidade nosológica. O síntoma depresivo consiste nun sentimento patolóxico de tristeza. A síndrome depresiva constitúe unha combinación de síntomas, como a hipertimia displacentera, tristeza inmotivada ou desproporcionada, perda de interese ou de capacidade para sentir pracer (anhedonia), enlentecemento motor e diminución do apetito, así como perda de peso e de desexo sexual. A entidade nosológica son os trastornos de depresión. Inclúen a ideación suicida e a ansiedade, característicos do trastorno depresivo maior.[5]

Os trastornos depresivos caracterízanse por unha tristeza de suficiente intensidade ou duración para interferir na funcionalidade. En ocasións dáse tamén diminución do interese ou do pracer que poden espertar as actividades cotiás.[6][7] Descoñécese a causa exacta destes trastornos, mais considérase que contribúen tanto factores xenéticos como ambientais.[2] O tratamento consiste en medicamentos, psicoterapia ou unha combinación de ambos.[8]

Trastornos depresivos editar

Notas editar

  1. Calidad de vida y trastornos depresivos (en español). J. Bobes. 1995. ISBN 978-84-920888-0-5. OCLC 431918957. Consultado o 2021-08-10. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 Gustavo H Vázquez"Trastornos del estado de ánimo. Depresión y Bipolaridad". 
  3. Jorquera Hernández, Aurora; Guarch Domènech, Joana (2009). Tratando ... trastorno distímico y otros trastornos depresivos crónicos (en español). Pirámide. ISBN 978-84-368-1982-3. OCLC 934321916. Consultado o 2021-08-10. 
  4. "Datos y cifras de trastornos depresivos" (en castelán). Consultado o 2021-08-10. 
  5. "Semiologia Psiquiatrica y Psicopatia". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2021. Consultado o 2021-08-10. 
  6. Bobes García, Julio (2003). Trastornos de ansiedad y trastornos depresivos en atención primaria (en español). Masson. ISBN 978-84-458-1077-4. OCLC 433204295. Consultado o 2021-08-10. 
  7. Checa González, Manuel J (2010). "Trastornos del estado de ánimo" (en español): 427–431. OCLC 7333065343. Consultado o 2021-08-10. 
  8. Montes Rodríguez, José Manuel; Saiz Ruiz, Jerónimo (2004). Trastornos depresivos (en español). Doyma. ISBN 978-84-7592-731-2. OCLC 433530589. Consultado o 2021-08-10. 
  9. "Trastornos depresivos - Trastornos psiquiátricos" (en castelán). Consultado o 2021-08-10. 
  10. Chappa, Herbert J (2004). Distimia y otras depresiones crónicas: tratamiento psicofarmacológico y cognitivosocial (en español). Médica Panamericana. ISBN 978-950-06-0430-7. OCLC 60346463. Consultado o 2021-08-10. 
  11. "Trastorno disfórico premenstrual: MedlinePlus enciclopedia médica" (en castelán). Consultado o 2021-08-10. 
  12. "Trastornos depresivos - Trastornos psiquiátricos" (en castelán). Consultado o 2021-08-10. 
  13. Ramos Brieva, J. A.; Yañez Sáez, R.; Jiménez Arriero, M. A.; Martín del Moral, M. (1993-05). "[Neurotic depression versus endogenous depression: are they part of the same disorder? (Controlled study)]" 21 (3): 101–107. ISSN 0300-5062. PMID 8333316. Consultado o 2021-08-10. 
  14. "Diferencias entre depresión endógena y exógena" (en castelán). Consultado o 2021-08-10. 
  15. "Depresión enmascarada: qué es, síntomas, causas, y qué hacer" (en castelán). 2020-08-20. Consultado o 2021-08-10. 
  16. Vázquez, Gustavo Héctor (2017). Trastornos del estado de ánimo: depresión y bipolaridad (en español). Polemos. ISBN 978-987-649-982-8. OCLC 1026371315. Consultado o 2021-08-10. 
  17. "Trastornos depresivos - Trastornos psiquiátricos" (en castelán). Consultado o 2021-08-10. 
  18. Martínez Salinas, Irene; de los Reyes, Emilia; Escobar, José Luis (2018). Tratamiento Farmacológico de la Ciclotimia Ciclotimia:periodos de síntomas hipomaníacos y síntomas depresivos (en español). ISBN 978-620-2-15897-8. OCLC 1187533234. Consultado o 26 de marzo de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar