Transhumanismo

Símbolo H+ transhumanista.

O transhumanismo (abreviado como H+ ou h+) é un movemento cultural e intelectual internacional que ten como obxectivo final transformar a condición humana mediante o desenvolvemento e fabricación de tecnoloxías amplamente dispoñibles, que melloren as capacidades humanas, tanto a nivel físico como psicolóxico ou intelectual.[1] Os pensadores transhumanistas estudan os posibles beneficios e perigos das novas tecnoloxías que poderían superar as limitacións humanas fundamentais, como tamén a tecnoética axeitada á hora de desenvolver e empregar esas tecnoloxías.[2] Estes especulan sostendo que os seres humanos poden chegar a ser capaces de transformarse en seres con extensas capacidades, merecedores da etiqueta "posthumano".

O significado contemporáneo do termo transhumanismo foi forxado por un dos primeiros profesores de futuroloxía, Fereidoun M. Esfandiary, coñecido como FM-2030, que pensou en "os novos conceptos do humano" na Nova Escola arredor de 1960, cando comezou a identificar ás persoas que adoptan tecnoloxías, estilos de vida e visións do mundo transicionais a "posthumanas" como "transhumanos".[3] Esta hipótese sosteríase nos traballos do filósofo norteamericano Max More, quen empezaría a articular os principios do transhumanismo como unha filosofía futurista en 1990, e a organizar en California un grupo intelectual que dende entón creceu no que hoxe se chama o movemento internacional transhumanista.[4][5]

Influenciado por traballos e obras primarias de ciencia ficción, a visión transhumanista dunha futura humanidade diferente atraeu a moitos partidarios e detractores dunha ampla gama de perspectivas. O transhumanismo foi descrito por Francis Fukuyama como «a idea máis perigosa do mundo»,[6] mentres que Ronald Bailey considera que é un «movemento que personifica as máis audaces, valentes, imaxinativas e idealistas aspiracións da humanidade».[7] Algúns autores consideran que a humanidade xa sería transhumana, porque os progresos médicos nos últimos séculos alteraron de maneira significativa a nosa especie. Porén, non o sería dunha forma consciente e, polo tanto, transhumanista.[8]

NotasEditar

  1. Bostrom, Nick (2005). "A history of transhumanist thought" (PDF). Journal of Evolution and Technology. Consultado o 21 de febreiro de 2006. 
  2. Carvalko, Joseph (2012). The Techno-human Shell-A Jump in the Evolutionary Gap. Sunbury Press. ISBN 978-1620061657. 
  3. Hughes, James (2004). Citizen Cyborg: Why Democratic Societies Must Respond to the Redesigned Human of the Future. Westview Press. ISBN 0-8133-4198-1. 
  4. Gelles, David (2009). "Immortality 2.0: a silicon valley insider looks at California's Transhumanist movement". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 14 de abril de 2012. 
  5. Google Ngram Viewer. Books.google.com. Consultado o 25 de abril de 2013. 
  6. Fukuyama, Francis (2004). "The world's most dangerous ideas: transhumanism". Arquivado dende o orixinal o 02/09/2006. Consultado o 1 de maio de 2006. 
  7. Bailey, Ronald (2004). "Transhumanism: the most dangerous idea?". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2008.  URL consultada o 20 de febreiro de 2006
  8. Casas Salinas, Miquel (2017). El fin del Homo sapiens: La naturaleza y el transhumanismo. Madrid: Ápeiron. ISBN 978-84-16-99635-3. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Maher, Derek F.; Mercer, Calvin, eds. (2009). Religion and the implications of radical life extension (1st ed.). New York: Palgrave Macmillan. ISBN 978-0-230-10072-5. 
  • Cole-Turner, Ronald, ed. (2011). Transhumanism and transcendence : Christian hope in an age of technological enhancement. Washington, D.C.: Georgetown University Press. ISBN 978-1-58901-780-1. 
  • Hansell, Gregory R; Grassie, William, eds. (2011). H+/-: Transhumanism and Its Critics. Philadelphia: Metanexus Institute. ISBN 978-1-45681-567-7. 
  • More, Max; Vita-More, Natasha, eds. (2013). The transhumanist reader : classical and contemporary essays on the science, technology, and philosophy of the human future (1.publ. ed.). Hoboken, N.J.: Wiley. ISBN 978-1-118-33429-4. 
  • Mercer, Calvin; Trothen, Tracy, eds. (2014). Religion and transhumanism : the unknown future of human enhancement. Westport, CT: Praeger. ISBN 9781440833250. 
  • Mercer, Calvin; Maher, Derek, eds. (2014). Transhumanism and the Body: The World Religions Speak. New York: Palgrave Macmillan. ISBN 9781137365835. 
  • Ranisch, Robert; Sorgner, Stefan Lorenz, eds. (2014). Post- and Transhumanism. Bruxelles: Peter Lang. ISBN 978-3-631-60662-9.