Transcendence (filme de 2014)
Transcendence é un filme chinés-estadounidense dirixido por Wally Pfister que se estreou no 2014. Está protagonizado por Johnny Depp, Rebecca Hall, Kate Mara, Cillian Murphy, Paul Bettany e Morgan Freeman. O colaborador habitual de Pfister, Christopher Nolan, foi produtor executivo do proxecto.
Transcendence | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Transcendence |
Director | Wally Pfister |
Produtor | Broderick Johnson Andrew A. Kosorve Kate Cohen Marisa Polvino Annie Marter David Valdes Aaron Ryder |
Guión | Jack Paglen |
Intérpretes | Johnny Depp Rebecca Hall Paul Bettany Kate Mara Cillian Murphy Morgan Freeman |
Música | Mychael Danna[1] |
Fotografía | Jess Hall |
Montaxe | David Rosenbloom |
Estudio | Alcon Entertainment DMG Entertainment Straight Up Films |
Distribuidora | Warner Bros. Pictures (USA e o Canadá) Summit Entertainment (Internacional) |
Estrea | Nova York 10 de abril de 2014 / China 18 de abril de 2014 |
Duración | 119 minutos[2] |
Orixe | Estados Unidos China |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $100.000.000[3] |
Recadación | $103.000.000 |
Na rede | |
http://www.transcendencemovie.com | |
O guión de Jack Paglen foi parte da coñecida como a "Lista negra", unha lista de guión populares que non foron producidos en Hollywood. A recadación de Transcendence foi decepcionante, que apenas recuperou o seu orzamento de $100 millóns. Recibiu maioritariamente críticas negativas, principalmente ó argumento, ós personaxes e ó diálogo.
Sinopse
editarO Doutor Will Caster (Johnny Depp) é o investigador máis importante no campo da intelixencia artificial, e está traballando na creación dunha máquina sensitiva que combine a intelixencia colectiva de todo o coñecido con rango completo de emocións humanas. Os seus experimentos altamente controvertidos fixérono famoso, mais ó mesmo tempo convertérono no principal obxectivo de extremistas anti-tecnolóxicos que, no seu intento de destruír a Will, converteránse nos catalizadores da súa propia transcendencia. Para a súa muller Evelyn (Rebecca Hall) e o seu mellor amigo Max Waters (Paul Bettany), a cuestión non é se poden facelo, senón se deben. Os peores medos de Evelyn e Max fanse realidade cando a sede de coñecemento de Will evoluciona nunha omnipresente busca de poder. O único que se volve incuestionable é que pode non haber xeito de detenelo.
Personaxes
editar- Johnny Depp como Dr. Will Caster
- Rebecca Hall como Evelyn Caster
- Paul Bettany como Max Waters
- Kate Mara como Bree
- Cillian Murphy como Donald Buchanan
- Morgan Freeman como Joseph Tagger
- Cole Hauser como Coronel Stevens
- Clifton Collins, Jr. como Martin
- Cory Hardrict como Joel Edmund
- Josh Stewart como Paul
Notas
editar- ↑ "Mychael Danna to Score Wally Pfister's 'Transcendence'". Film Music Reporter. 20 de decembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2013.
- ↑ "TRANSCENDENCE (12A)". Entertainment Film Distributors. British Board of Film Classification. 7 de abril de 2014. Consultado o 8 de abril de 2014.
- ↑ BoxOfficeMojo.com
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Transcendence na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)