Totó García
actor porno galego
Alberto García, coñecido como Totó ou Totó García, nado en Ferrol o 28 de xuño de 1983, é un actor galego de cinema porno.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xuño de 1983 (40 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | actor pornográfico |
Lingua | Lingua castelá |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alberto García.
Traxectoria editar
En 2006 debutou con filmes de produción catalá de baixo custo. Un ano máis tarde, en 2007, creou diversas páxinas web pornográficas, chegando a gañar cunha delas o premio Ninfa ao mellor contido erótico no Festival Internacional de Cine Erótico de Barcelona. Tamén dende aquela é un dos socios maioritarios do proxecto PorNoaburrirse.com, ademais de principal actor, produtor e desenvolvedor web.
Queremos facer un cinema X, xuvenil, fresco e divertido, no cal se vexa que o estamos a pasar ben e que nel tamén teña cabida o humor e mais algún sketch.[1]
En 2011 era residente en Santiago de Compostela e estudante na Universidade de Santiago de Compostela.
Premios editar
- Mellor actor revelación por Esto es Benidorm (2007)
- Mellor filme por Esto es Benidorm (2007)
Notas editar
- ↑ "Nos entró el calentón y decidimos hacerlo en la plaza del Obradoiro", artigo en El Correo Gallego, 27 de marzo de 2008 (en castelán).