Torrespaña

Torre de telecomunicacións de Madrid, España

Coordenadas: 40°25′14″N 3°39′51″O / 40.420512222222, -3.6641961111111

Torrespaña, coñecida popularmente como o Pirulí, é unha torre de comunicacións pertencente á empresa Abertis (antes pertenceu a RTVE) e situada en Madrid (España) na confluencia de rúa de O'Donnell coa autovía de circunvalación M-30. Ademais, Torrespaña é o nome do complexo que teñen os Servizos Informativos centrais de TVE xunto á torre. Alí prodúcense os telexornais e os programas informativos das canles públicas españois La 1, La 2, o Canal 24 Horas, Teledeporte e Clan. A nova división de Medios Interactivos de RTVE (iRTVE) ten tamén a súa sede neste complexo.

Vista de Torrespaña.

Torrespaña ten unha altura de 220 metros (232 metros coa antena de comunicacións). Comezou a levantarse o 17 de febreiro de 1981, terminándose en trece meses. A inauguración foi o 7 de xuño de 1982, xusto a punto para utilizar a torre durante a Campionato Mundial de Fútbol de España'82. A torre foi construída por unha unión temporal de empresas composta polas empresas españolas Dragados e Agroman con proxecto do arquitecto Emilio Fernández Martínez de Velasco. Ten unha superficie interior de 1.945 m².

Sobre o fuste de 120 metros aparece o volume do centro de control que se compón de catro plantas, pechadas con paneis de aceiro. Por encima elévanse outras catro plataformas para antenas e, finalmente, unha antena de 45 metros. O acceso ás zonas superiores da torre, só permitido ao persoal que traballa nelas, realízase mediante un ascensor instalado no interior do fuste. A escaleira ten 1.208 banzos.

Desde Torrespaña emiten oito cadeas de televisión, catorce cadeas de radio analóxica FM, dezaoito canles de radio dixital (DAB) e vinte canles de televisión dixital terrestre.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar