As torres de delay ou torres de reforzo son unha serie de altofalantes que se colocan en grandes recintos para reforzar o sistema principal de son nestes lugares, xa que debido á distancia o son vaise esvaecendo e non chega con claridade a todo o espazo. Ademais compensan o retardo do son producido por esa distancia debido á velocidade á que se transmiten as ondas sonoras.

Historia editar

A partir do ano 2000 comezouse a estandarizar o uso do arranxo line array así que foron pasando os anos, descubriuse como o arranxo máis practico e con mellores resultados para realización de eventos audiovisuais de mediano e gran formato en exteriores (campos de fútbol, festivais, etc) ou espazos interiores amplos. A gran versatilidade destes sistemas fixo que en poucos anos todas as empresas de alugamento de equipos e as grandes xiras substituíran os seus sistemas por un line array dalgunha das numerosas compañías que o fabrican.

Ante a necesidade de cubrir cada vez máis distancia de audiencia, as compañías comezaron a desenvolver sistemas ou arranxos que nos permitiran cubrir as necesidades actuais. Combinando estes sistemas (line array) xunto cos procesadores que temos dispoñibles no mercado podemos crear sistemas dunha gran versatilidade e cubrir necesidades técnicas máis complexas.

A día de hoxe nos grandes festivais ou nas xiras dos artistas globais precisamos cubrir máis de 100 metros de audiencia ao longo e 60 metros de ancho. Polo que se fai imprescindible, para contar cun equipo que responda en todo o recinto ás necesidades requiridas, a instalacións dunhas "axudas" que son denominadas torres de delay estas permitirannos cubrir toda a zona de audiencia sen que a presión sonora sufra sombras ou zonas nas que non escoitamos ben.

Cálculo da torre de delay editar

O son viaxa a unha velocidade particular, o son viaxa extremadamente rápido pero non sempre a mesma velocidade, por iso é bo que usemos medios técnicos especialmente pensados e deseñados para calcular esta cuestión, Smart Live por exemplo.

A ecuación para calcular a velocidade do son é:[1]

 

Asúmese como regra xeral que a velocidade do son é de 344 m/s. Como sabemos que perdemos 6 decibelios cada vez que dobramos a distancia, precisamos calcular ben o delay das torres para que toda a audiencia teña a presión buscada. Para calcular o delay correcto temos que usar a seguinte ecuación:[1]

 

Onde V é o tempo de delay, x é a distancia entre a fonte sonora é a colocación da torre de delay e t é a velocidade do son. Ao facer isto correctamente, conseguimos sincronizar a fonte sonora (PA) coa torre de delay, pero esta situación provoca que ao noso cerebro non lle resulte crible que o son provén do escenario, polo que debemos engadir un pouco máis de delay (entre 5 e 10 milisegundos) para que o arranxo pareza natural e non resulte incomprensible (no que se refire ao plano sonoro).

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "How to Calculate a Delay Tower" (en inglés). Consultado o 27 de maio de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.