Torre de control marítimo da Coruña
A Torre de control marítimo da Coruña é unha torre de control de tráfico marítimo na cidade da Coruña, situada sobre o dique de abrigo do porto da Coruña.[1] Entrou oficialmente en funcionamento o 2 de maio de 1995,[2] tras varios anos de construción e cun custo estimado de entre 700 e 1000 millóns de pesetas (entre 4 e 6 millóns de euros).[2][3]
Torre de control marítimo da Coruña | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | edificio de grande altura, vessel traffic service (en) ![]() ![]() | |||
Uso(s) | Capitanía Marítima da Coruña Centro de coordinación de salvamento | |||
Custo | 4 - 6 millóns de euros | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | A Coruña ![]() | |||
Localización | A Coruña | |||
Datas | ||||
Remate construción | 1995 | |||
Dimensións | ||||
Altura | 80 m[a] | |||
[ Wikidata ] |
O edificio ten unha altura de 80 metros,[2][3][a] con 12 pisos de altura,[5] albergando a Capitanía Marítima da Coruña e o centro de coordinación de salvamento.[1] Construíuse por medio dun proxecto para o control do tráfico marítimo na zona deseñado tralo naufraxio do petroleiro Mar Exeo en decembro de 1992.[4] As dúas columnas da súa edificación construíronse mediante un sistema de encofrado deslizante, precisando un traballo ininterrompido durante 24 días.[4] No ano 2010 levouse a cabo unha restauración do edificio para paliar os danos sufridos a causa das condicións atmosféricas cun custo de 1,4 millóns de euros.[4]
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes do porto da Coruña#Torre de control marítimo da Coruña.
Notas
editar- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Suárez, Tania (14 de novembro de 2009). "Fomento rehabilita Capitanía Marítima catorce años después de su inauguración". La Opinión. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Pereiro, Xosé Manuel (3 de maio de 1995). "Nuevo control marítimo en La Coruña". El País (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 Fernández, Carlos (29 de setembro de 2001). "Los rascacielos coruñeses se construyeron a comienzos de los 70". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2016. Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Gutiérrez, Jose Manuel (23 de abril de 2010). "La nueva cara de la torre de control". La Opinión (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Torre de Control Maritimo". Emporis (en inglés). Consultado o 10 de xaneiro de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre de control marítimo da Coruña |