Torre de Magallón

Torre en Magallón, provincia de Zaragoza, España

Coordenadas: 41°50′03″N 1°27′27″O / 41.834031, -1.457579

A Torre de Magallón, tamén denominada Torre el Quez ou Torre de Alxeciras,[1] foi unha atalaia, ou torre de vixilancia fortificada, de orixe romana do século III ou musulmá, situada no concello zaragozano de Magallón, na comarca de Campo de Borja, na provincia de Zaragoza.[2] Hoxe xa non existe.

Torre de Magallón en 2018.

Historia editar

Aínda que existe documentación, na época de romanización da Península Ibérica, na que se menciona un asentamento romano chamado Caraví situado na calzada romana que unía Figueruelas e Tarazona e desa época se conserva a torre, un azud e a ponte de Fornoles,[2] na actualidade, a torre é atribuída á presenza musulmá[3] no séculos X-XI[1] ou quizais no século XIII.[4]

Descrición editar

Situada nas aforas da localidade, atopábase moi preto da ponte de Fornoles e tratábase dunha torre de planta rectangular de 6,90 x 10,20m construída con grandes perpiaños que alcanzaban os dous metros de altura (2,20 m) e tiña uns muros de 70 cm de grosor, sendo o resto engadidos de épocas posteriores. Era de propiedade particular e estaba cuberta cun tellado.

Catalogación editar

A torre romana de Magallón foi incluída dentro da relación de castelos considerados Bens de Interese Cultural, como zona arqueolóxica, en virtude do disposto na disposición adicional segunda da Lei 3/1999, de 10 de marzo, do Patrimonio Cultural Aragonés. Esta listaxe foi publicada no Boletín Oficial de Aragón do 22 de maio de 2006.[5]

En 2019, xa non existe e, no seu lugar, permanecen tres cruces.[6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "INVENTARIO FORTIFICACIONES ARAGONESAS. (A.R.C.A.)" (PDF). castillosenaragon.es (en castelán). Archived from the original on 26-08-2016. Consultado o 1-8-2020. 
  2. 2,0 2,1 "Torre de Magallón". castillosnet.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02-08-2020. Consultado o 1-8-2020. 
  3. "Torre". sipca.es (en castelán). 2019. Consultado o 1-8-2020. 
  4. "De visita por Magallón". magallon.es (en castelán). Consultado o 1-8-2020. 
  5. Boletín Oficial de Aragón. "ORDEN de 17 de abril de 2006, del Departamento de Educación, Cultura y Deporte, por la que se aprueba la relación de Castillos y su localización, considerados Bienes de Interés Cultural en virtud de lo dispuesto en la disposición adicional segunda de la Ley 3/1999, de 10 de marzo, del Patrimonio Cultural Aragonés". benasque.aragob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2020. Consultado o 1-8-2020. 
  6. "Torre". sipca.es (en castelán). 2019. Consultado o 1-8-2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar