Torre PwC
A Torre PwC, antes chamada Torre Sacyr Vallehermoso,[1] é o terceiro rañaceos máis alto de Madrid e de España, así como o sexto da Unión Europea, cunha altura de 236 metros e 58 plantas. A súa construción comezou en 2004 e acabou o 12 de abril de 2008.
Torre PwC | ||||
---|---|---|---|---|
![]() A torre PwC en marzo de 2011 | ||||
Tipo | rañaceos ![]() | |||
Parte de | Cuatro Torres Business Area ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | |||
Concello | Madrid ![]() | |||
Rúa | Paseo da Castellana ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 2008 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Altura | 236 m ![]() | |||
Pisos sobre o solo | 52 ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Sacyr ![]() | |||
Arquitecto/a | Carlos Rubio Carvajal (pt) ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Historia e características
editarO edificio está no barrio madrileño de Fuencarral-El Pardo, no complexo de rañaceos Cuatro Torres Business Area, onde se atopa tamén a Torre Bankia, a máis alta de España. Os arquitectos do proxecto, que inicialmente prevían unha altura de 215 metros, son Carlos Rubio Carvajal e Enrique Álvarez-Sala Walter. A súa planta é aproximadamente a dun triángulo equilátero cuxos lados son curvos (aínda que máis ben poderíase definir como tres arcos que envolven a tres cilindros situados en triángulo) e as fiestras teñen unha disposición especial que ofrece unha resistencia mínima ao vento.
Alberga o hotel de cinco estrelas EuroStars Madrid Tower, que ocupa ata a planta 31 (o 60% da torre) e dispón dun comedor de dúas alturas que ofrece unha vista panorámica de toda a cidade. A empresa de servizos profesionais PricewaterhouseCoopers (PwC) trasladou en xullo de 2011 todas as súas oficinas da capital (uns 2.500 profesionais) a este edificio, polo que ocupa dezasete plantas, entre os pisos 34 e 50, que quedaban vacantes ata ese momento na torre. Nesa mesma data, coa montaxe do logotipo de PwC no alto do edificio, instálase o logo máis alto de España, a case 236 metros de altura. Co traslado das oficinas de PwC á torre, o edificio renomeouse Torre PwC en lugar de Torre Sacyr Vallehermoso.[1]
Todas as plantas de oficina teñen a mesma superficie de 1.258,23 m² e divídense en tres sectores. As plantas 51 a 54 están destinadas a instalacións xerais e equipos da torre. As plantas 55 a 58 están destinadas ás cubertas do edificio e outras instalacións xerais e equipos da torre.
É a única torre con fachada de dobre pel e está cuberta completamente de vidro a modo de escamas. Na cuberta superior hai 3 aeroxeradores capaces de producir enerxía eólica para uso do edificio. Estímase unha produción de 25kWh.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Rocío Ruiz (8-6-2011). "De Torre S&V a Torre PwC". Expansión (en castelán). Consultado o 22 de novembro de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Torre PwC |