A expresión top manta refírese á venda na rúa, de xeito ambulante e sen licenza, de copias de artigos como películas en DVD, música en CD, xogos e, menos habitualmente, programas informáticos. A expresión acadou unha gran sona popular e a súa autoría parece atribuírse ao cantante Miguel Ríos, o cal fixo uso dela de xeito retranqueiro para referirse ás persoas máis vendidas e populares na música:

Top manta en Riga, Letonia.
[...] si no estás en el top manta quiere decir que no eres nadie ni siquiera para que te roben.

Método

editar
 
Top manta en Barcelona.

Os vendedores do top manta, coñecidos como manteiros,[2] expoñen sobre unha manta os artigos copiados. As mantas adoitan ter dúas cordas atadas a cada extremo oposto, de modo que poida ser recollida toda a mercancía con rapidez facendo unha bolsa.

En España, tanto a Policía Local como a Policía Nacional, tralas denuncias da SGAE, outras sociedades de autores e nalgúns casos os propios autores, perseguen a práctica do top manta, que pode resultar nunha multa ou pena de cárcere.[3] A mercancía confiscada pola Policía é destruída despois.

Os vendedores son, en moitos casos, inmigrantes sen papeis. A SGAE acusa as mafias de estaren tras o top manta, da explotación dos vendedores e do financiamento destas actividades ilegais. Os vendedores quedan cunha pequena parte do prezo de venda de cada artigo.

  1. "Miguel Ríos pide a la industria del disco que no se rasgue las vestiduras y baje los precios". El Mundo (en castelán). 7 de novembro de 2002. Consultado o 28 de xuño de 2012. [...] si no estás en el top manta quiere decir que no eres nadie ni siquiera para que te roben. 
  2. "As testemuñas de Salou non viron contacto entre o senegalés e un axente no balcón". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 18 de agosto de 2016. 
  3. "Ocho años de cárcel por 'mantero'". El País (en castelán). 1 de marzo de 2010. Consultado o 28 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar