Tony Bouza

policía e escritor estadounidense de orixe galega


Antonio Vila Bouza, nado no Seixo (Franza, Mugardos) o 4 de outubro de 1928 e finado en 2023, coñecido como Tony Bouza ou Anthony V. Bouza, e alcumado O Emperador do Bronx, foi comandante nos departamentos de policía de Nova York e Minneapolis.[1]

Infotaula de personaTony Bouza
Biografía
Nacemento10 de abril de 1928 Editar o valor em Wikidata
O Seixo, España Editar o valor em Wikidata
Morte2023 Editar o valor em Wikidata (94/95 anos)
Bloomington, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolicía Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1874412 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Seu pai, José Antonio, traballaba cargando carbón nas caldeiras da mariña mercante e a súa nai, Encarnación, era costureira. Durante a guerra civil española, cando o neno tiña nove anos de idade, a familia emigrou aos Estados Unidos de América e instalouse en Brooklyn (Nova York). Alí obtivo o título de secundaria en 1947, e en 1953 ingresou no departamento de policía de Nova York (NYPD). Licenciouse en Administración de Empresas e fixo un mestrado en Administración pública, converténdose nun dos poucos axentes de Nova York con titulación universitaria.[1]

Foi ascendido a inspector en 1971, inspector xefe adxunto en 1972 e xefe asistente en 1973. Serviu no NYPD até 1976. Entre 1977 e 1979 foi xefe adxunto da policía de tráfico de Nova York. Entre 1980 e 1989 foi o xefe do departamento de policía de Minneapolis.[2]

Formou parte do servizo secreto, foi responsábel da seguridade de John F. Kennedy e escolta de Lyndon Johnson. Loitou contra a corrupción e o racismo policiais. En 1994 presentouse ao nomeamento para gobernador do estado de Minnesota polo Partido Demócrata-Agrario-Laborista, pero non gañou. Após a xubilación, e durante dúas décadas, foi un activista contra a corrupción policial.

Escribiu nove libros sobre o corpo policial e tivo dous fillos, Anthony e Dominick,[3] con Erica Bouza, de orixe británica. Faleceu o 26 de xuño de 2023 en Bloomington, Minnesota.[1]

No cinema

editar

En 1976 Bouza protagonizou o documental The Police Tapes, de Alan e Susan Raymond. Participou na película Galíndez (Ana Díez, 2002), en Tucho Bouza, emperador do Bronx (José Ángel González, 2004) e na miniserie de Netflix Quen matou Malcolm X? (2020).[4]

Publicacións

editar
  • Police intelligence: The operations of an investigative unit (AMS Press, 1976).
  • Police administration: Organization and performance (Pergamon Press, 1978).
  • The police mystique: An insider’s look at cops, crime, and the criminal justice system (Da Capo Press, 1990).
  • A carpet of blue: An ex-cop takes a tough look at America’s drug problem (Fairview, 1991).
  • Police unbound: Corruption,abuse, and heroism by the boys in blue (Prometheus, 2001).
  • The decline and fall of the American empire: corruption, decadence, and the American dream (De Capo Press, 2003).


Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Sherman, L. W., & Berk, R. A. (1984). "The specific deterrent effects of arrest for domestic assault". American Sociological Review 49, pp. 261-272.
  • Sherman, L. W., e Weisburd, D. (1995). "General deterrent effects of police patrol in crime “hot spots”: A randomized, controlled trial". Justice Quarterly 12, pp. 625-648.
  • Sherman, L. W., Buerger M., e Gartin, P. (1989). Repeat call address policing: The Minneapolis RECAP Experiment. Washington, DC: Crime Control Institute.
  • Sherman, L. W., Gartin, P. R., e Buerger, M. E. (1989). "Hot spots of predatory crime: Routine activities and the criminology of place". Criminology 27, pp. 27–56.
  • Sherman, L. W. (2023). "Anthony V. Bouza and the Founding of Evidence‑Based Policing". Cambridge Journal of Evidence-Based Policing 8 (2).