Tom Høgli

futbolista noruegués

Tom Høgli, nado o 24 de febreiro de 1984, é un futbolista noruegués que xoga na Superliga danesa co F.C. København.

Tom Høgli
Høgli co Tromsø in 2008
Información persoal
Nome Tom Høgli
Nacemento 24 de febreiro de 1984
Lugar de nacemento Harstad
Altura 1,75
Posición lateral
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2006 Bodø/Glimt 59 (3)
2007–2011 Tromsø 106 (1)
2011–2014 Club Brugge 72 (1)
2014– F.C. Copenhagen 42 (1)
Selección nacional
2005–2006 Noruega Sub-21 10 (0)
2006 Laponia 3 (6)
2008–2015 Noruega 49 (2)
Na rede
UEFA: 95009 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 15 de outubro de 2016
Selección: actualizado a 12 de xuño de 2015editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Bodø/Glimt editar

Xogou durante varias tempadas co Bodø/Glimt, procedente do Skånland og Omegn IF, mais na tempada 2007 o club transferiuno ao Tromsø.

Tromsø editar

Durante o seu primeiro ano actuou como substituto de Patrice Bernier no medio campo central. O 29 de maio de 2011 marcou o seu primeiro gol para o Tromsø nunha vitoria 4–0 contra o Brann.

Club Brugge editar

O 18 de xuño de 2011 fichou co Club Brugge da Jupiler Pro League belga.

F.C. Københav editar

Logo de tres tempadas co Brugge, Høgli firmou o 31 de xaneiro de 2014 co club danés F.C. København[1] e debutou na liga danesa o 20 de xullo nun encontro co Silkeborg IF.

Carreira internacional editar

Xogou na selección norueguesa sub-21[2]. Coa selección de Laponia foi o máximo anotador da Copa do Mundo VIVA 2006. O 20 de agosto de 2008, Høgli fixo a súa estrea coa selección absoluta de Noruega nun partido amigable contra Irlanda.

Notas editar

  1. "Høgli bekrefter overgang til FCK". NRK. 31 de xaneiro de 2014. 
  2. "Høgli på landslaget". Harstad Tidende. 14 de agosto de 2014. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2016.