Tolosa Club de Fútbol
O Tolosa Club de Fútbol é un club de fútbol español da localidade de Tolosa, en Guipúscoa. Foi fundado en 1922 e actualmente xoga na Terceira División.
Tolosa | |||
---|---|---|---|
Nome | Tolosa Club de Fútbol | ||
Alcume(s) | Urdiñak (azuis), papeleros, el Histórico | ||
Fundación | 1922 | ||
Estadio | Berazubi, Tolosa, Guipúscoa | ||
Inauguración | 1922 | ||
Capacidade | 3.000 | ||
Presidente | Iñaki Ayerza Izaguirre | ||
Adestrador | Justo Lillo | ||
Liga | 3ª - Grupo 4 | ||
Na rede | |||
http://tolosacf.com/ | |||
| |||
Ten seccións de atletismo, baloncesto, balonmán, ciclismo, natación, pelota vasca e tenis.
Historia
editarFundouse en 1922 como Tolosa Football Club. Cando se creou a liga española en 1928, o Tolosa foi un dos dez equipos incluídos na chamada Segunda División B, que era a terceira categoría da liga. Foi incluído nesa categoría por ser o terceiro equipo máis importante no campionato rexional de Guipúscoa naquela época, por detrás da Real Sociedad e a Real Unión de Irún.
Desde entón o equipo sempre xogou na Terceira División ou nas categorías rexionais de Guipúscoa.
Uniforme
editar- Uniforme titular: Camiseta, pantalón e medias azuis.
Estadio
editarO Tolosa xoga no Estadio de Berazubi, que actualmente ten capacidade para 3.000 espectadores. Foi o primeiro estadio que se construíu en territorio español, en 1922. O estadio acolleu 8 campionatos de España de atletismo, o último en 1959. Foi reformado en 1972.