Tokyo Vice (serie de televisión)

serie de televisión estadounidense de 2022

Tokyo Vice é unha serie de televisión estadounidense creada por J.T. Rogers e baseada na novela homónima de. 2009 escrita por Jake Adelstein. Estreouse o 7 de abril de 2022 a través de HBO Max. Está protagonizado por Ansel Elgort e Ken Watanabe. En xuño de 2022, a serie foi renovada para unha segunda tempada.

Tokyo Vice

Logo da serie.
FormatoSuspense
Creado porJ. T. Rogers
Desenvolvido por
  • Gerson Saines Productions
  • Grisbi
  • SRO Productions
  • Boku Films
  • Forward Pass
  • Wowow
  • Endeavor Content
Intérpretes
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés e xaponés
Temporadas1
Episodios8
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Localización(s)Toquio, Xapón
Duración54–63 minutos
Distribuidor
Emisión orixinal
Canle de orixe
Primeiro episodio7 de abril de 2022
Derradeiro episodiopresente
Na rede
IMDB: tt2887954 Allocine: 25203 Rottentomatoes: tv/tokyo_vice Metacritic: tv/tokyo-vice
Twitter: TokyoViceHBOMax Instagram: tokyovicemax Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Sinopse editar

En 1999, o xornalista estadounidense Jake Adelstein trasladouse a Toquio e debe aprobar un exame escrito de xaponés para ter a oportunidade de incorporarse ao persoal dun importante xornal do país. Logra converterse no seu primeiro xornalista nado no estranxeiro e comeza dende abaixo. Levado baixo a protección dun detective veterano, comeza a explorar o mundo escuro e perigoso da yakuza xaponesa mentres a liña oficial da cidade é que "o asasinato non ocorre en Toquio".

Personaxes editar

Acollida editar

A páxina web de críticas Rotten Tomatoes informou dun índice de aprobación do 85%, cunha valoración media de 7,6/10 baseada en 60 críticas. O consenso dos críticos do sitio web di: "O protagonista de Tokyo Vice é o seu elemento menos interesante, mais a intriga do inframundo do Xapón e a verosimilitude da súa ambientación fan unha parte sedutora de neo-noir".[1] Metacritic, que utiliza unha media ponderada, asignou unha puntuación de 75 sobre 100 en base a 27 críticos, indicando "críticas xeralmente favorables".[2]

Notas editar

  1. "Tokyo Vice en Rotten Tomatoes". rottentomatoes.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2023. 
  2. "Tokyo Vice en Metacritic". Metacritic. Consultado o 15 de xullo de 2022.