Tokyo Ghoul

serie manga e anime xaponesa

Tokyo Ghoul (東京喰種 Tōkyō Gūru?) é unha serie manga xaponesa de fantasía negra[1] e terror[2] escrita e ilustrada por Sui Ishida. Foi serializada na revista seinen de Shueisha Weekly Young Jump entre setembro de 2011 e setembro de 2014, e foi recollido en catorce volumes tankōbon en agosto de 2014. Unha secuela, titulada Tokyo Ghoul:re, foi serializada na mesma revista entre outubro de 2014 e xullo de 2018, e foi recollido en dezaseis volumes tankōbon. Un título precuela, Tokyo Ghoul [Jack], estreouse en liña en Jump Live.

Unha serie anime de 12 episodios foi adaptada polo estudio Pierrot e estreouse a través de Tokyo MX entre o 4 de xullo de 2014 e o 19 de setembro de 2014. Unha segunda tempada de 12 episodios, Tokyo Ghoul √A (pronunciado Tokyo Ghoul Root A), que segue unha historia orixinal, estreouse o 9 de xaneiro de 2015 e concluíu o 27 de marzo de 2015.

Un filme de acción en vivo baseado no manga foi estreado no Xapón o 29 de xullo de 2017. Unha adaptación anime baseada no manga secuela Tokyo Ghoul:re comezou a emitirse o 3 de abril de 2018 e concluíu o 25 de decembro de 2018, estando dividida a serie en dúas tempadas.

Notas editar

  1. "Oscar Nominee Morita Helms Tokyo Ghoul Anime at Pierrot". Anime News Network. 22 de febreiro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2014. Consultado o 22 de febreiro de 2014. 
  2. Viz Media (ed.). "The Official Website for Tokyo Ghoul". Arquivado dende o orixinal o 20 de xullo de 2017. Consultado o 27 de outubro de 2017.