Tobil Tolistan[1] (en abaza Тобыль Тольыстан) coñecido oficialmente segundo a forma rusificada Tatlustan Zakerievich Tabulov (en ruso Татлустан Закериевич Табу́лов) nado en Alburgan en 1879 e finado o 16 de febreiro de 1956, foi un escritor abaza, considerado o fundador da literatura abaza.

Infotaula de personaTobil Tolistan
Biografía
Nacemento1879 Editar o valor em Wikidata
Elburgan, Rusia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (76/77 anos)
Cherkessk, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , poeta Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua abaza e Lingua kabardina Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Tobil naceu na vila de Biberdovsky, agora Alburgan no distrito Abaza de Karachay-Cherkessia, no seo da nobreza abaza, agmista. Seu pai Tobil Zakaria era o xefe da rexión de Biberdovsky[2] e recibiu educación na escola que abrira o pioneiro Makar Umar en 1879 en Biberdovsky e que creou un alfabeto para o abaza, baseado no árabe, para ensinar os nenos da escola[3]. En 1905 rematou o primeiro curso no Seminario Misioneiro Alexander de Ardon, en terras osetias, e continou a estudar entre 1910 e 1914 sen coñecerse onde, quizais nunha madrasa[4].

En 1914 converteuse en mestre de escola primaria en Alburgan. No ano seguinte, nunha conferencia de profesores do otdel de Batalpashinskyen en Teberda, reclamou a alfabetización non só para os nenos, senón tamén para as nenas, e non só en árabe, mais tamén en ruso, ao que levou á súa suspensión como docente [5]. En 1920, xa baixo o dominio soviético, Tabulov volveu a exercer como profesor da escola primaria de Alburgan.

En 1924 nunha versión propia do alfabeto árabe para o circasiano, e nela publicou os libros de texto en kabardino: ABC, Ana-bze e Ana-bze II e a cartilla Schipej, que se utilizaron amplamente nas escolas circasianas[6]; en 1929 publicou a colección Zuli, que inclúe obras de teatro, dramatizacións, cancións e poemas en lingua circasiana [5].

De 1933 a 1936, despois do desenvolvemento e aplicación do alfabeto abaza, utilizando a experiencia dos libros de texto escolares rusos, de forma independente e en colaboración con outros, publica 9 cartillas, libros de texto sobre gramática abaza, antoloxías e libros para ler despois da cartilla. Tabulov combinou o traballo sobre os libros de texto escolares coa docencia na Escola Pedagóxica Circasiana [5] .

En 1937 foi reprimido ilegalmente por unha acusación absurda de vulgarizar a lingua abaza. Pasou uns dous anos no cárcere circasiano. En 1939 foi posto en liberdade por falta de corpus delicti [5] .

Despois da guerra, T. Z. Tabulov volve participar activamente na preparación e produción de libros de texto para nenos abazas. En pouco tempo, traducindo do ruso e incluíndo as súas propias obras literarias sobre unha base folclórica, Tabulov publicou varios voluminosos libros de texto e antoloxías.

Desde 1951, traballou no Instituto de Investigación Circasiano, preparou varios traballos científicos para a súa publicación, incluíndo un volume sobre adiviñas e proverbios abazas.

Creación editar

Tabulov é o autor das primeiras obras da literatura abaza: poemas e cancións "Vida feliz", "Escola", "As nosas mulleres"; dramatizacións "Obreiros e labregas", "Vello e novo". Escribiu os poemas "Psyzh" e "Elburgan", a historia "Dzhalduz", as obras de teatro "Zuli" e "Zarylya" sobre a emancipación das mulleres musulmás.

En 1947, T. Tabulov publicou a primeira colección de contos populares abazas e en 1955 en colaboración a segunda en colaboración con K. Shakryl, e que significou a derradeira contribución de T. Z. Tabulov ao desenvolvemento da cultura abaza.

Notas editar

  1. Os abazas tradicionalmente colocan o apelido primeiro e logo o nome. Ver: Chirikba, Viacheslav A. “Abaza Personal Names.” Iran & the Caucasus, vol. 17, no. 4, 2013, pp. 391–400. JSTOR, http://www.jstor.org/stable/23597509
  2. Danilova, E. N. (1984). Abaziny: Istoriko-ètnografičeskoe issledovanie hozâjstva i obŝinnoj organizacii, XIX vek. Universidade de Moscova. 
  3. Dzhemakulova B. M (2008). "Iz istorii kulturnoy integratsii abazin v obshchestvennuyu sistemu Rossiyskogo gosudarstva". Izvestia (67): 78–82. 
  4. Chaⱪala Pița (19 de febreiro de 2019). "Тобыль Тольыстан: «абазаква дрыуата уызквгвыгъа йауаш анхагIвзаджвыкI". abaza.org. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Chekalov, Petr (2020 [1996]). Абазинские писатели (Биобиблиографический справочник). Stavropol: Stavrolit. pp. 81–85. 
  6. Kurmanseitova, A. H. (2016). "Tabulov i stanovleniye knigopechataniya na cherkesskom i abazinskom yazykakh". Научная мысль Кавказа (3): 64–68.