Tinker Tailor Soldier Spy (filme)
Tinker Tailor Soldier Spy é un filme de 2011 dirixido por Tomas Alfredson. O guión foi escrito por Bridget O'Connor e Peter Straughan, e baséase na novela homónima de 1974 escrita por John le Carré. Está protagonizado por Gary Oldman como George Smiley, con Colin Firth, Tom Hardy, John Hurt, Toby Jones, Mark Strong, Benedict Cumberbatch, Ciarán Hinds, David Dencik e Kathy Burke como parte do elenco. A acción está ambientada en Londres a comezos da década de 1970 e conta a historia da caza dun axente dobre soviético infiltrado na cúpula do servizo secreto británico.
Tinker Tailor Soldier Spy | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tinker Tailor Soldier Spy |
Director | Tomas Alfredson |
Produtor | Tim Bevan Eric Fellner Robyn Slovo Peter Morgan |
Guión | Bridget O'Connor Peter Straughan |
Baseado en | Tinker Tailor Soldier Spy de John le Carré |
Intérpretes | |
Música | Alberto Iglesias |
Fotografía | Hoyte van Hoytema |
Montaxe | Dino Jonsäter |
Estudio |
|
Distribuidora | StudioCanal |
Estrea | Festival de Venecia: 5 de setembro de 2011 |
Duración | 127 minutos |
Orixe | Reino Unido Francia Alemaña |
Xénero | Suspense e espías |
Orzamento | 21 millóns de dólares |
Recadación | 81,2 millóns de dólares[1] |
Na rede | |
https://www.focusfeatures.com/tinker_tailor_soldier_spy | |
Sinopse
editarSituada na década de 1970, no contexto da guerra fría, o fracaso dunha misión especial en Hungría provoca unha remuda na cúpula dos servizos secretos británicos. Un dos defenestrados é o axente George Smiley (Oldman). Porén, cando xa se afixera á idea de se retirar, encárganlle unha misión especial. Sospéitase que hai un «axente encuberto» na cúpula do servizo e só alguén externo pode descubrir quen é. Coa axuda doutro axente desafiuzado e outro en actividade, Smiley irá recollendo información e encaixando as pezas para tentar descubrir o traidor.
Personaxes
editar- Gary Oldman como George Smiley ("Beggarman")
- Colin Firth como Bill Haydon ("Tailor")
- Tom Hardy como Ricki Tarr
- Mark Strong como Jim Prideaux
- Ciarán Hinds como Roy Bland ("Soldier")
- Benedict Cumberbatch como Peter Guillam
- David Dencik como Toby Esterhase ("Poorman")
- Stephen Graham como Jerry Westerby
- Simon McBurney como Oliver Lacon
- Toby Jones como Percy Alleline ("Tinker")
- John Hurt como Control
- Kathy Burke como Connie Sachs
- Roger Lloyd-Pack como Mendel
- Svetlana Khodchenkova como Irina
- Konstantin Khabensky como Polyakov
- Michael Sarne como Karla
- John le Carré como convidado na festa de Nadal
- Katrina Vasilieva como Ann Smiley
Notas
editar- ↑ "Tinker, Tailor, Soldier, Spy (2011) – Box Office Mojo". boxofficemojo.com.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tinker Tailor Soldier Spy |