Tierra de Ledesma
Tierra de Ledesma, tamén coñecida como Campo de Ledesma ou Comarca de Ledesma, é unha comarca da provincia de Salamanca, en Castela e León. Os seus límites non se corresponden cunha división administrativa, senón cunha demarcación histórico-tradicional e agraria.[1]
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Salamanca | ||||
Capital | Ledesma | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 7.069 (2010) (6,55 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.078,86 km² | ||||
Xeografía
editarLimita coa provincia de Zamora (Sayago e Tierra del Vino) ao norte, con La Armuña ao leste, co Campo de Salamanca ao sur e con La Ramajería e a Tierra de Vitigudino ao oeste.
Concellos
editarComprende 30 municipios: Aldearrodrigo, Almenara de Tormes, Añover de Tormes, Doñinos de Ledesma, Encina de San Silvestre, El Arco, Gejuelo del Barro, Golpejas, Juzbado, La Mata de Ledesma, Ledesma, Monleras, Palacios del Arzobispo, Rollán, San Pedro del Valle, San Pelayo de Guareña, Sando, Santa María de Sando, Santiz, Sardón de los Frailes, Tabera de Abajo, Tremedal de Tormes, Valdelosa, Vega de Tirados, Villarmayor, Villasdardo, Villaseco de los Gamitos, Villaseco de los Reyes, Zamayón e Zarapicos. Considérase a Ledesma como o centro neurálxico ou capital do territorio.
Notas
editar- ↑ "Sistema de información geográfico agrario (SIGA). Comarca agraria de Ledesma". Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (en español). Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tierra de Ledesma |