Thomas Scrubb

baloncestista canadense

Thomas Ryan Scrubb, nado o 26 de setembro de 1991 en Richmond, Columbia Británica, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga no Monbus Obradoiro da Liga ACB.

Thomas Scrubb
Monbus Obradoiro  – No. 1
Información persoal
Nacemento 26 de setembro de 1991 (32 anos)
Richmond, Columbia Británica
Nacionalidade Canadá
Reino Unido Reino Unido
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Instituto Vancouver College
(Vancouver, Columbia Británica)
Universidade Carleton (2009–2015)
NBA Draft 2013 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2015
Historial de equipos
Kataja (2015–2016)
Gießen 46ers (2016–2017)
Scandone Avellino (2017–2018)
Pallacanestro Varese (2018–2019)
SIG Strasbourg (2019–2020)
Ottawa Blackjacks (2020)
JL Bourg (2020–2021)
Obradoiro (2021–presente)

Traxectoria profesional editar

O 14 de xullo de 2021, anunciouse a fichaxe de Scrubb por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] O 19 de xullo de 2022, Scrubb e o Obradoiro acordaron ampliar a súa vinculación por unha tempada máis.[2] O 19 de xullo de 2023, anunciouse a renovación do contrato de Scrubb co Obradoiro para xogar a súa terceira tempada en Santiago.[3]

Notas editar

  1. "O Monbus Obradoiro ficha a Thomas Scrubb". Obradoirocab.com. Consultado o 14 de xullo de 2021. [Ligazón morta]
  2. "O Monbus Obradoiro renova a Thomas Scrubb". Obradoirocab.com. Consultado o 19 de xullo de 2022. [Ligazón morta]
  3. "O Monbus Obradoiro renova a Thomas Scrubb". Obradoirocab.com. Consultado o 19 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar