Thomas Crapper

Thomas Crapper, nado en Waterside, Thorne, Yorkshire, Inglaterra, en setembro de 1838 e finado en xaneiro de 1910, foi fontaneiro e fundador de Thomas Crapper & Co. Ltd., en Londres. A pesar da lenda urbana, non foi Crapper o inventor do retrete (o mito é amais fomentado polo xogo de palabras do seu apelido). Crapper, non obstante, fixo moito por estender a popularidade de dito elemento sanitario e mesmo argallou algúns inventos relacionados. Obtivo público recoñecemento por mor da calidade dos seus produtos así como tamén recibiu parabéns institucionais.

Thomas Crapper
Thomas Crapper.jpg
Nacemento28 de setembro de 1836
 Thorne
Falecemento27 de xaneiro de 1910
 Anerley
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónencanador e inventor de patentes
editar datos en Wikidata ]
Thomas Crapper Toilet Horta Museum Branding.jpg