Thomas Combe, nado en 1796 e finado o 30 de xuño de 1872, foi un impresor, editor e mecenas das artes inglés. Traballou como impresor na editora universitaria Oxford University Press e foi tamén o fundador e benfeitor da igrexa de San Bernabé (St Barnabas Church) de Oxford.[1]

Infotaula de personaThomas Combe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1796 Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xuño de 1872 Editar o valor em Wikidata (75/76 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Oxford Editar o valor em Wikidata
Ocupacióneditor literario , editor , mecenas , impresor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Thomas Combe nunha fotografía tomada o 30 de xuño de 1860

Traxectoria editar

Thomas Combe era fillo dun impresor do mesmo nome finado cara a 1836, que tamén tiña unha libraría e era propietario dun xornal en Leicester. Despois de traballar co seu pai e como empregado noutros traballos similares en Oxford, emprendeu os seus propios negocios no ámbito editorial. En 1826 formou parte dunha sociedade en Londres, pero antes da fin do ano regresou a Leicester para retomar os negocios familiares (baixo o nome de T. Combe and Son entre 1826 e 1835).

Despois da morte do seu pai trasladouse a Oxford e pasou a formar parte de Oxford University Press (ou Clarendon Press) en 1837, da que, logo de adquirir partes do negocio desde o ano seguinte, chegou a ser socio principal en 1851.[2] Como resultado, manexou unha fortuna considerable.

El e a súa muller Martha (1806-1893) exerceron como mecenas des artistas, particularmente dos prerrafaelistas. En 1849 coñeceu en Oxford a John Everett Millais, quen pintou retratos de varios membros da familia de Combe.[3] Eran tamén partidarios do chamado Movemento de Oxford.

 
Placa en lembranza do matrimonio Combe, na igrexa de San Bernabé, en Oxford

Combe morreu o 30 de xuño de 1872 e foi enterrado no cemitrerio do Santo Sepulcro, de Oxford. A súa viúva mantivo e agrandou a súa colección de arte prerrafaelista e, tras a súa morte en 1893, a parte máis importante da colección foille legada á Universidade de Oxford e hoxe está no Museo Ashmolean.

Unha placa na parede exterior da igrexa de San Bernabé conmemora as figuras de Thomas Combe e a súa muller Martha cando fundadores e benefactores da igrexa.[4]

Notas editar

  1. Hibbert, Christopher (ed.). "St Barnabas, Church of". En The Encyclopaedia of Oxford. Macmillan. 1988. Páxinas 378 e 379. ISBN 0-333-39917-X (En inglés)
  2. Historia da igrexa de San Bernabé en liña Arquivado 01 de decembro de 2016 en Wayback Machine.. (En inglés)
  3. "John Everett Millais Arquivado 06 de agosto de 2017 en Wayback Machine.". En Tate.org.uk. (En inglés)
  4. Warr, Elizabetz Jean. The Oxford Plaque Guide. Stroud, Glocestershire: The History Press. 2011. Páxinas 39 a 41. ISBN 978-0-7524-5687-4 (En inglés)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar