Tioalcalibacteráceas

(Redirección desde «Thioalkalibacteraceae»)

As tioalcalibacteráceas (Thioalkalibacteraceae) son unha familia de bacterias extremófilas, especificamente halófilas, alcalófilas ou alcalitolerantes, de mesófilas a termófilas obrigadamente quimiolitoautótrofas da orde Chromatiales, que comprende os xéneros Thioalkalibacter[1] e Guyparkeria.[2] Esta familia está estreitamente relacionada coa familia Halothiobacillaceae de autótrofos obrigados mesófilos.[2]

O xénero tipo da familia é Thioalkalibacter, e ambos os xéneros da familia son autótrofos obrigados que fixan o dióxido de carbono en composos biolóxicos usando o ciclo de Calvin-Benson (utilizando a forma IAc da RuBisCO) e oxidan oxianións de xofre, sulfuro e xofre elemental como doantes de electróns. Todos os xéneros usan ubiquinona-8 como principal quinona respiratoria e teñen unha fracción G+C de 54-68 mol%. A diferenza da familia relacionada das Halothiobacillaceae, non presentan intermediarios de politionato detectables da oxidación do xofre, e ademais as Thioalkalibacteracaceae son halófilas obrigadas en vez de halotolerantes, e tamén alcalófilas ou alcalitolerantes, en vez de mesófilas ou acidotolerantes.[2]

Notas editar

  1. Banciu HL, Sorokin DY, Tourova TP, Galinski EA, Muntyan MS, Kuenen JG, Muyzer G (2008). "Influence of salts and pH on growth and activity of a novel facultatively alkaliphilic, extremely salt-tolerant, obligately chemolithoautotrophic sufur-oxidizing Gammaproteobacterium Thioalkalibacter halophilus gen. nov., sp. nov. from South-Western Siberian soda lakes.". Extremophiles 12: 391–404. doi:10.1007/s00792-008-0142-1. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Boden R (2017). "Reclassification of Halothiobacillus hydrothermalis and Halothiobacillus halophilus to Guyparkeria gen. nov. in the Thioalkalibacteraceae fam. nov., with emended descriptions of the genus Halothiobacillus and family Halothiobacillaceae.". International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology 67: 3919–3928. PMID 28884673. doi:10.1099/ijsem.0.002222. Consultado o 9 December 2017.