Thierry Jonquet
Thierry Jonquet, nado en París o 19 de xaneiro de 1954 e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 2009, foi un escritor francés de novela negra, sátiras políticas e sociais. Unha das súas novelas, Mygale, foi pasada ao cinema por Pedro Almodóvar, co título La piel que habito en 2011.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de xaneiro de 1954 París |
Morte | 9 de agosto de 2009 París |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Educación | Lycée Charlemagne (en) Universidade Paris-Est-Créteil-Val-de-Marne (pt) |
Actividade | |
Ocupación | escritor , escritor de literatura infantil , guionista , escritor de xénero policial |
Partido político | Liga Comunista Revolucionária (pt) |
Xénero artístico | Novela policíaca |
Lingua | Lingua francesa |
Páxina web | thierryjonquet.fr |
Ten asinado libros cos pseudónimos de Martin Eden, Ramon Mercader, Phil Athur e Vince-C. Aymin-Pluzin.
Tivo unha infancia marcada polo cinema. Fixo a secundaria no liceo parisiense Charlemagne, e despois estudou filosofía na Universidade de Créteil e máis tarde terapia ocupacional. Logo dedicouse á xeriatría, e ante esa situación de morte omnipresente, comezou a escribir para informar dese horror e para renderlle homenaxe a un pensionista amigo seu. Deixou a xeriatría e fíxose profesor.
Foi ademais membro da Liga Comunista Revolucionaria.
Premios editar
- Trophée 813, 1985, 1993, 1998
- Prix Michel Lebrun, 1993
- Prix Mystère da crítica por Moloch, 1999
- Prix littéraire de Sables-d'Olonne, 2004
- Medalla de honra da LICRA, 2007
Bibliografía parcial editar
- Novelas
- Mémoire en cage, 1995
- Le Bal des débris, 1984
- Mygale , 1995
- La Bête et la Belle, 1985
- Le Manoir des immortelles, 1986
- Le Secret du rabbin, 1986
- Comedia, 1988
- Le Pauvre nouveau est arrivé, 1990
- Les Orpailleurs , 1993
- L’Enfant de l’absente, con Jacques Tardi e Jacques Testart, 1994
- La Vie de ma mère!, 1994
- Moloch, 1998
- Ad vitam æternam, 2002
- Mon vieux, 2004
- Ils sont votre épouvante et vous êtes leur crainte, 2006
- Vampires, 2011 (póstuma)
- Relatos
- Quelques dimanches au bord de Marne (Amattéis, 1990, con PATRICK BARD) ;
- La Banlieue des quatre dimanches (Le Parcours, 1996, con PATRICK BARD) ;
- Rouge c’est la vie (Seuil “ Fiction & Cie ”, 1998) ;
- Jours tranquilles à Belleville (Méréal “ Black process ”, 1999).
- Novelas xuvenís
- On a volé le Nkoro-Nkoro (Souris n°8, 1986) ;
- Lapoigne et L’Ogre du métro (Nathan “ Arc-en-poche ” n° 873, 1988, reeditada como Lapoigne et l’ogre du métro, Nathan “ Pleine lune policier ” n°4, 1994) ;
- Paolo Solo (Nathan “ Arc-en-poche ” n°611, 1989) ;
- Pourquoi demander la lune ? (Nathan “ Marque-page ”, 1990) ;
- Un enfant dans la guerre (Gallimard Jeunesse “ Page blanche ”, 1990) ;
- Belle-Zazou (Mango poche “ Série verte ” n°8, 1993. reeditada Les Fantômes de Belleville, Mango Jeunesse, 2002) ;
- Lapoigne et la fiole mystérieuse (Nathan “ Arc-en-poche ” n°650, 1993) ;
- La Bombe humaine (Souris n°4, 1994) ;
- Lapoigne à la chasse aux fantômes (Nathan “ Pleine lune policier ” n°31, 1995) ;
- Lapoigne à la Foire du Trône (Nathan “ Pleine lune policier ” n°72, 1997).
- Talleres de escritura
- Plus de toutous du tout (Ville de Rennes, 1991, co pseudónimo de PHIL ATHUR) ;
- C’est trop ! (Ville de Rennes, 1991, co pseudónimo de VINCE C. AYMIN PLUZIN) ;
- Sur la piste de Bostanzim (Findakly, 1999).
Notas editar
- DAVID, Jean-Marie (dir.). « Dossier Thierry Jonquet ». Temps noir, mars 2005, n° 9, p. 4-85.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Sitio oficial (en francés)