Thelma Cabrera

activista indíxena guatemalteca

Thelma Cabrera Pérez de Sánchez, nada en El Asintal, Retalhuleu, Guatemala o 21 de setembro de 1970, é unha activista representante do Comité de Desenvolvemento Campesiño (CODECA) e política indíxena guatemalteca de ascendencia maia mam. Cabrera foi candidata presidencial en 2019 polo partido Movemento para a Liberación dos Pobos.[1]

Infotaula de personaThelma Cabrera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1970 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
El Asintal, Guatemala (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGuatemala Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista , campesiña Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovement for the Liberation of Peoples (en) Traducir (2018–2024) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Cabrera, quen fala a lingua mam como lingua materna e o castelán como segunda lingua, creceu en El Asintal, na costa oeste de Guatemala, no departamento de Retalhuleu, onde contraeu matrimonio aos 15 anos de idade. É filla de Timoteo Cabrera, e Santos Victoria Pérez, familia labrega e de escasos recursos. Durante a súa nenez, Cabrera traballaba cos seus pais e irmáns en plantacións de café.[1][2][3]

Vida política editar

Cabrera foi un membro activo do Comité de Desenvolvemento Campesiño (CODECA), unha organización de dereitos humanos de base que traballa para mellorar a situación de pobreza nas áreas rurais de Guatemala. Cabrera foi escollida para representar o recentemente formado partido político de CODECA, Movemento para a Liberación dos Pobos, para correr nas 2019.[4]

Eleccións xerais de 2019 editar

 
Cabrera lidera a protesta polos dereitos indíxenas durante a súa campaña de 2019 co partido MLP.

En xuño de 2019, Cabrera figuraba en quinto lugar nas enquisas electorais.[1] Logo das eleccións xerais, Cabrera situouse en cuarto lugar cun 10,3 % dos votos desprazando á coalición PAN-PODEMOS de Roberto Arzú.[5] Ao rematar o reconto, Sandra Torres obtivo o 26% dos votos e Alejandro Giammattei o 15% dos votos, pasando á segunda volta en agosto de 2019, deixando a Cabrera fóra da elección.[6]

Eleccións xerais de 2023 editar

Cabrera foi proclamada como precandidata á presidencia xunto ao procurador dos dereitos humanos Jordán Rodas como candidato á vicepresidencia en decembro de 2022.[7] O binomio presidencial do Movemento para a Liberación dos Pobos (MLP) non foi inscrito polo Rexistro de Cidadáns do Tribunal Supremo Electoral pola invalidez do documento de "liquidación" de Jordán Rodas, precandidato vicepresidencial do partido.[8] En xaneiro de 2023, a Procuradoría dos Dereitos Humanos, o Ministerio Público e a Contaloría Xeral de Contas iniciaron unha investigación en contra de Rodas por «anomalías» durante a súa xestión como procurador dos dereitos humanos; devanditos procedementos deixaron sen vixencia a «liquidación», un documento requirido pola Lei Electoral e de Partidos Políticos para a inscrición de candidatos a elección popular.[8] A finais de xaneiro dese ano, o Rexistro de Cidadáns do Tribunal Supremo Electoral anunciou que o binomio presidencial do MLP non foi inscrito porque a liquidación de Rodas non tiña validez.[9] Rodas defendeu que o seu documento aínda tiña validez, polo que o partido apelou a resolución do Rexistro de Cidadáns ante os maxistrados do Tribunal Supremo Electoral, os maxistrados da Corte Suprema de Xustiza e a Corte de Constitucionalidade respectivamente. As tres instancias rexeitaron os recursos legais do MLP, polo que a súa inscrición e participación aínda é incerta.[10] O MLP tamén organizou manifestacións e bloqueos para esixir a súa participación nas eleccións presidenciais.[11]

A situación de Cabrera e Rodas foi comparada coa situación de Thelma Aldana (Movemento Semente) e Edwin Escobar Hill (Prosperidade Cidadá), precandidatos presidenciais que quedaron fóra das eleccións xerais de 2019 por problemas coa «liquidación».[9]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Lakhani, Nina (15 de xuño de 2019). "Thelma Cabrera: indigenous, female and shaking up Guatemala's election". Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  2. Gereda, Marcela. "¿Quién es Thelma Cabrera?". Narrativa y ensayo guatemalteco (en castelán). Consultado o 2023-05-03. 
  3. "CODECA: "nos han satanizado diciendo que es solo robo de energía eléctrica”". Con Criterio (en castelán). 2021-08-09. Consultado o 2022-04-26. 
  4. Gonzalez, Rossy (12 de xuño de 2019). "Thelma Cabrera Aspires to Be the First Indigenous Woman President of Guatemala". Cultural Survival (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2019. 
  5. Abbott, Jeff (17 de xuño de 2019). "Former first lady leads in Guatemala election". Aljazeera. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  6. Montes, Juan (17 de xuño de 2019). "Guatemala Presidential Election Heads to Runoff" (en inglés). ISSN 0099-9660. Consultado o 18 de xuño de 2019. 
  7. "Decisión Libre 2023: MLP proclama a Thelma Cabrera y Jordán Rodas Andrade como su binomio para las elecciones generales 2023" (en castelán). Prensa Libre. Consultado o 2022-12-28. 
  8. 8,0 8,1 García, Jody (2023-1-27). "Los tres frentes que amenazan el binomio del MLP, y cómo se prepara el partido". Plaza Pública (en castelán). Consultado o 2023-3-7. 
  9. 9,0 9,1 García, Jody (2023-2-7). "MLP bloqueado: Contraloría y PDH presentaron la misma denuncia con horas de diferencia". Plaza Pública (en castelán). Consultado o 2023-3-7. 
  10. "Fallo de la CC mantiene fuera de contienda electoral a Thelma Cabrera y Jordán Rodas, mientras sentencia de la CSJ sigue detenida". Prensa Libre (en castelán). 2023-3-7. Consultado o 2023-3-7. 
  11. "MLP y Jordán Rodas avalan bloqueos de Codeca". La Hora (en castelán). 2023-2-21. Consultado o 2023-3-7.