Abrir o menú principal

The Ventures son unha banda estadounidense de rock instrumental formada en 1958 en Tacoma, Washington. Fundada por Don Wilson e Bob Bogle, nas súas distintas encarnacións o grupo tivo un impacto duradeiro no desenvolvemento da música en todo o mundo. Con ao redor de 100 millóns de discos vendidos, é a banda instrumental con máis vendas de todos os tempos. No ano 2008 The Ventures foron introducidos no Rock and Roll Hall of Fame.

The Ventures
The Ventures.png
OrixeTacoma, Washington, Flag of the United States.svg
Período1958 - actualidade
Xénero(s)rock instrumental, surf rock
Selo(s) discográfico(s)Dolton, Liberty, United Artists, Capitol, GNP Crescendo
MembrosDon Wilson
Nokie Edwards
Gerry McGee
Bob Spalding
Leon Taylor
Antigos membrosBob Bogle
Howie Johnson
Mel Taylor
John Durrill
Joe Barile
Dave Carr
Biff Vincent
Leisha Soukary
Jonell Calendar
George T. Babbitt, Jr.
Páxina webhttp://www.theventures.com/

A súa virtuosidade instrumental, experimentación e efectos de guitarra, e son único sentaron as bases para innumerables grupos, gañándose o alcume de "The Band that Launched a Thousand Bands" (a banda que lanzou a un mulleiro de bandas). Mentres que a súa popularidade nos Estados Unidos disminuíu nos anos 70, o grupo segue sendo venerado en Xapón, onde aínda realiza xiras con regularidade na actualidade.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar