The Universal Want

The Universal Want é o quinto álbum de estudio da banda británica de indie rock Doves, publicado o 11 de setembro de 2020 a través dos selos Heavenly Recordings e Virgin/EMI.[1] The Universal Want é o primeiro disco do grupo tras o hiato que comezara no ano 2010; durante ese tempo os membros de Doves dedicáronse aos seus proxectos en solitario.

The Universal Want
Álbum de Doves
Publicado11 de setembro de 2020
Gravación2017 - 2020
Estudio(s)Frank Bough Sound III, Cheshire
EVE Studios, Stockport
The Big Red Studios, Macclesfield
Vada Studio, Alcester
Duración47:06
Selo(s)Heavenly Recordings, Virgin Records
Producido porDoves, Dan Austin
Cronoloxía
The Places Between: The Best of Doves
(2010)
The Universal Want -

Tres sinxelos dixitais precederon o lanzamento do álbum a mediados de 2020: "Carousels" en xuño, "Prisoners" en xullo, e "Cathedrals of the Mind" en agosto. Doves tamén anunciou unha xira por todo o Reino Unido para promocionar o álbum, programada para os meses de marzo e abril de 2021.[2] The Universal Want foi aclamado pola crítica e foi un éxito comercial, entrando no número 1 da lista británica de álbums e sendo o terceiro disco da banda en acadar esa posición.[3]

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Jez Williams, Jimi Goodwin, e Andy Williams

N.º TítuloEscritor(es) Duración
1. "Carousels"    4:50
2. "I Will Not Hide"    4:15
3. "Broken Eyes"    4:15
4. "For Tomorrow"    5:28
5. "Cathedrals of the Mind"    5:20
6. "Prisoners"    4:26
7. "Cycle of Hurt"    4:15
8. "Mother Silverlake"    5:13
9. "Universal Want"    5:21
10. "Forest House"    3:43
Cancións extra do CD xaponés[4]
N.º TítuloEscritor(es) Duración
11. "There Goes the Fear" (Live acoustic)  4:40
12. "M62 Song" (Four Tet Remix)Williams, Goodwin, Williams, Fripp, Giles, Lake, McDonald, Sinfield 6:26
58:09
12" extra da box set de edición limitada
N.º Título Duración
1. "Carousels" (The Comet Is Coming Remix) 5:02
2. "Carousels" (The Comet Is Coming Instrumental) 5:01
3. "Carousels" (Instrumental) 4:54

Notas editar

  1. Bloom, Madison. "Doves Announce First Album in 11 Years, Share New Song “Prisoners”: Listen". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-10-15. 
  2. Moore, Sam (2020-07-27). "Doves announce 2021 UK tour". NME (en inglés). Consultado o 2020-10-15. 
  3. "UK #1 Album". Doves Music Blog - Latest Doves News, Tour Dates, Lyrics, Guitar Tabs and more... (en inglés). 2020-09-19. Consultado o 2020-10-15. 
  4. "ザ・ユニバーサル・ウォント[CD]" (en xaponés). Universal Music Japan. Consultado o 15 de outubro de 2020.