The Umbrella Academy (serie de televisión)

serie de televisión estadounidense

The Umbrella Academy é unha serie de televisión estadounidense baseada na banda deseñada homónima escrita por Gerard Way. Creada para Netflix por Steve Blackman e desenvolvida por Jeremy Slater, conta a historia dunha familia disfuncional de irmáns adoptados con superpoderes que se reúnen para resolver o misterio sobre a morte do seu pai ao tempo que teñen que impedir a apocalipse. A serie está producida por Borderline Entertainment, Dark Horse Entertainment e Universal Cable Productions.

The Umbrella Academy
The Umbrella Academy.png
Logo da serie.
FormatoComedia negra
Drama
Superheroes
Ciencia ficción
Creado porSteve Blackman
Desenvolvido por
  • Kevin Lafferty
  • Sneha Koorse
  • Jamie Neese
  • Jason Neese
  • Ted Miller
Intérpretes
Tema de apertura
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios20
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Gerard Way
  • Gabriel Bá
  • Jeremy Slater
  • Scott Stuber
  • Beau Bauman
  • Mike Richardson
  • Keith Goldberg
  • Peter Hoar
  • Jeff F. King
  • Steve Blackman
Localización(s)
Duración40–60 minutos
DistribuidorNetflix
NBCUniversal Television Distribution
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Formato de imaxe4K UHDTV 2160p
Primeira emisión15 de febreiro de 2019
Derradeira emisiónpresente
Ligazóns externas
Páxina web
Ficha na IMDb

O elenco está composto por Elliot Page, Tom Hopper, David Castañeda, Emmy Raver-Lampman, Robert Sheehan, Aidan Gallagher, Cameron Britton, Mary J. Blige, John Magaro, Adam Godley, Colm Feore, Justin H. Min, Ritu Arya, Yusuf Gatewood, Marin Ireland e Kate Walsh. Inicialmente, a adaptación da banda deseñada por Universal Pictures, mais o proxecto converteuse nunha serie de televisión en 2015, antes de obter a luz verde de Netflix en xullo de 2017. A serie foi rodada en Toronto e Hamilton, no Canadá.

A primeira tempada estreouse en Netflix o 15 de febreiro de 2019. En abril de 2019, Netflix declarou que 45 millóns de fogares viron a primeira tempada durante o primeiro mes logo da estrea. Ese mesmo mes, a serie foi renovada para unha segunda tempada, a cal se estreou o 31 de xullo de 2020. Ámbalas dúas tempadas recibiron valoracións positivas por parte da crítica. En novembro de 2020, a serie foi renovada para unha terceira tempada.[2]

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. Acreaditado como Ellen Page nas tempadas 1–2.
  2. Andreeva, Nellie (10 de novembro de 2020). "'The Umbrella Academy' Renewed For Season 3 By Netflix". Deadline Hollywood (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar