The Salamander (novela)
novela de Morris West
The Salamander é unha novela do escritor australiano Morris West.[1] Publicouse orixinalmente en 1973 en Inglaterra na editorial Heinemann.[2]
The Salamander | |
---|---|
Título orixinal | La salamandra |
Autor/a | Morris West |
Orixe | Australia |
Lingua | Inglés |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Heinemann |
Data de pub. | 1973 |
Formato | Tapas duras e brandas |
Páxinas | 304 |
ISBN | ISBN 0434859125 |
Precedido por | Summer of the Red Wolf |
Seguido por | Harlequin |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarDante Matucci, un capitán no servizo secreto italiano, empeza unha investigación da morte dun xeneral italiano, atopado morto no seu apartamento. A carón do corpo había unha carta pequena que representa unha píntega en chamas. Matucci descobre axiña que a píntega é realmente o millonario industrial Bruno Manzini.
Adaptación ao cinema
editarA novela foi adaptada nun filme de 1981, dirixido por Peter Zinner, a partir dun guión de Robert Kratz e Rod Serling.
Notas
editar- ↑ "Austlit — The Salamander by Morris West (Heinemann) 1973". Austlit. Consultado o 31 de agosto de 2023.
- ↑ "The Salamander (Heinemann)". National Library of Australia. Consultado o 31 de agosto de 2023.