The Plant List
The Plant List é unha lista de nomes botánicos de especies de plantas creada polos Royal Botanic Gardens, Kew e o Missouri Botanical Garden lanzada en 2010.[1] Pretende ser completa, é dicir, conter todos os nomes das especies coñecidas.
Existe tamén un proxecto complementario chamado International Plant Names Index (IPNI, Índice de Nomes de Plantas Internacional), no cal os xardíns de Kew están tamén implicados. O IPNI ten como obxectivo proporcionar detalles da publicación do nome e non pretende determinar cales son os nomes aceptados para as especies. Os novos nomes que se publican son engadidos automaticamente desde o IPNI ao World Checklist of Selected Plant Families (Lista de Comprobación Mundial de Familias de Plantas Seleccionadas), unha base de datos que é a base de The Plant List.
Descubrimentos
editarEn 2014 The Plant List tiña 1.064.035 nomes científicos de plantas co rango de especie,[2] dos cales 350.699 eran nomes de especies aceptados, pertencentes a especies de 642 familias e 17.020 xéneros. The Plant List acepta aproximadamente 350.699 especies únicas, e 470.624 sinónimos para esas especies, o que indica que moitas especies foron denominadas na literatura con máis dun nome. En 2014, The Plant List determinou que outros 243.000 nomes máis están "sen resolver", o que significa que os botánicos non foron quen ata agora de determinar se son especies separadas ou unha duplicación das 350.699 especies únicas.
Repercusión pública
editarCando se lanzou The Plant List en 2010 (o Ano Internacional da Biodiversidade), atraeu a aención dos medios de comunicación polos seus obxectivos tan completos.[3] Por exemplo, Fox News salientou o número de nomes sinónimos que se encontraron, suxerindo que isto reflectía unha "falta sorprendente" de biodiversidade na Terra."[4] The Plant List tamén suscitou atención por estar construída sobre os traballos do naturalista inglés Charles Darwin, quen na década de 1880 comezou unha lista de plantas chamada Index Kewensis (IK). Os xardíns de Kew engadiron unha media de 6.000 especies por ano desde a primeira publicación do IK con 400.000 nomes de especies.[4] Porén, o Index Kewensis (que dende o ano 1913 evitaba realizar xuízos taxonómicos nas súas citas) forma parte actualmente do IPNI en vez de The Plant List.[5]
Notas
editar- ↑ "World's Largest Plants Database Assembled". discovery.com. 2010. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2012. Consultado o 10 de xuño de 2016.
- ↑ "Summary Statistics". The Plant List. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2019. Consultado o 27 de xuño de 2014.
- ↑ Claire Bates (5 January 2011). "Botanical A-Z via Kew: British experts complete database of every plant name on the planet - all 1.25million of them". London: Daily Mail.
- ↑ 4,0 4,1 "World's Plant Life Far Less Diverse Than Previously Thought". Fox News. 30 December 2010.
- ↑ "About the Index Kewensis". International Plant Names Index. 2004.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- The Plant List - páxinaweb oficial Arquivado 23 de maio de 2019 en Wayback Machine.