The Pastels
The Pastels é unha banda escocesa de indie pop formada en Glasgow en 1982.
The Pastels | |
---|---|
Orixe | Glasgow, Escocia |
Período | 1982 - presente |
Xénero(s) | indie pop |
Selo(s) discográfico(s) | Rough Trade, Glass Records, Paperhouse, Domino Records |
Artistas relacionados | Teenage Fanclub, The Vaselines, Shop Assistants, International Airport, Tenniscoats, Melody Dog, National Park, Beat Happening, Black Tambourin |
Na rede | |
http://sheepish.org/pastels/ | |
As súas primeiras gravacións (1982–85) para selos como Whaam!, Creation, Rough Trade e Glass Records, tiñan un son cru e inmediato, melódico e afeccionado, nada habitual para o seu tempo. Pero unha emerxente cultura dos fanzines identificouse co son e a imaxe do grupo, e pouco a pouco The Pastels comezaron a influenciar a unha nova corrente de grupos, que interesaron á revista NME e a outros medios británicos.
O son de The Pastels continuou evolucionando e, aínda que a banda formou parte do recompilatorio C86 da NME, en entrevistas os membros do grupo sempre quixeron distanciarse dos movementos twee e shambling. O seu álbum de estrea, Up for a Bit With The Pastels (1987) movíase dende o garage pop-punk ata baladas con toques de sintetizadores. O seguinte traballo, Sittin' Pretty (1989) foi máis duro e menos ecléctico. Tras ese disco comezaron a aparecer rumores na prensa británica sobre a separación do grupo.
Finalmente revelouse que a banda continuaba pero cunha nova formación ao redor de Stephen McRobbie e Annabel Wright, aos que se lle unirían Katrina Mitchell. Esta formación é probablemente a máis coñecida de The Pastels, e a miúdo aparece con David Keegan (Shop Assistants) ou Gerard Love (Teenage Fanclub) na guitarra. O grupo asinou un contrato co selo Domino Records e publicou dous álbums, Mobile Safari (1995) e Illumination (1997). No ano 2009, The Pastels, en colaboración coa banda Tenniscoats de Toquio, editou un álbum titulado Two Sunsets.
The Pastels apareceron na banda sonora da película The Acid House, estreada en 1998. Na actualidade a banda opera o seu propio selo, Geographic Music, a través de Domino Records, e son socios da tenda de música de Glasgow Monorail Music.
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Up for a Bit with The Pastels | 1987 | Glass Records, Paperhouse |
Sittin' Pretty | 1989 | Homestead Records, Chapter 22 |
Mobile Safari | 1995 | Domino Recording Company |
Illumination | 1997 | Domino Recording Company |
Slow Summits | 2013 | Domino Recording Company |