The Others
The Others é un filme español do ano 2001 dirixido por Alejandro Amenábar. Inspirado na obra The Turn of the Screw de Henry James dentro do xénero do suspense, está protagonizado pola australiana Nicole Kidman. É unha coprodución hispano-franco-estadounidense.
The Others | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Others |
Director | Alejandro Amenábar |
Produtor | Fernando Bovaira José Luis Cuerda StudioCanal |
Guión | Alejandro Amenábar |
Intérpretes | Nicole Kidman Fionnula Flanagan Christopher Eccleston Elaine Cassidy Eric Sykes Alakina Mann James Bentley |
Música | Alejandro Amenábar |
Fotografía | Javier Aguirresarobe |
Montaxe | Nacho Ruiz Capillas |
Distribuidora | Dimension Films (USA) Warner Bros. (España) |
Estrea | 2001 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | España Francia Italia Estados Unidos |
Xénero | Terror e suspense |
Orzamento | $17.000.000 |
Recadación | $218.947.037 |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/the-others | |
Gravouse en localizacións de Cantabria e Madrid, aínda que a historia está ambientada na illa de Xersei. No seu momento, foi a película española máis exitosa da historia, con máis de 68.000.000 $ recadados só en Estados Unidos.
Gañou oito Premios Goya incluíndo premios á mellor película e ó mellor director. Nicole Kidman foi candidata ó Globo de Ouro e ó BAFTA á mellor actriz, entre outros.
Sinopse
editarÓ final da segunda guerra mundial Grace (Nicole Kidman) retírase cos seus dous fillos a unha gran mansión en Jersey, onde espera que regrese o seu marido da fronte. Os seus fillos padecen de fotofobia, unha enfermidade que lles impide estar expostos á luz do sol, polo que tódalas fiestras da casa deben permanecer pechadas. Grace contrata tres serventes, que se comportan dun xeito cada vez máis estraño, ata que Grace fai un descubrimento totalmente inesperado.
Personaxes
editar- Nicole Kidman como Grace Stewart
- Alakina Mann como Anne Stewart
- James Bentley como Nicholas Stewart
- Fionnula Flanagan como Bertha Mills
- Christopher Eccleston como Charles Stewart
- Eric Sykes como Edmund Tuttle
- Elaine Cassidy como Lydia
- Renée Asherson como Muller maior
- Gordon Reid como Asistente
- Keith Allen como Sr. Marlish
- Michelle Fairley como Sra. Marlish
- Alexander Vince como Victor Marlish
- Ricardo López como Segundo asistente
- Aldo Grilo como Xardineiro
Galardóns e nomeamentos
editarOs outros obtivo 15 candidaturas na XVI edición dos Premios Goya, dos que gañou 8. Estas foron as súas candidaturas (en letra grosa os premios gañados):
- Mellor película
- Mellor director: Alejandro Amenábar
- Mellor guión orixinal: Alejandro Amenábar
- Mellor música orixinal: Alejandro Amenábar
- Mellor dirección de produción: Emiliano Otegui e Miguel Ángel González
- Mellor fotografía: Javier Aguirresarobe
- Mellor montaxe: Nacho Ruiz Capillas
- Mellor actor revelación: James Bentley
- Mellor interpretación feminina protagonista: Nicole Kidman
- Mellor actriz revelación: Alakina Mann
- Mellor dirección artística: Benjamín Fernández
- Mellor deseño de vestiario: Sonia Grande
- Mellor maquillaxe e peiteado: Ana López-Puigcerver e Belén López-Puigcerver
- Mellor son: Ricardo Steinberg, Tim Cavagin, Alfonso Raposo e Daniel Goldstein
- Mellores efectos especiais: Derek Langley, Pedro Moreno, Félix Bergés e Rafael Solórzano