The Monitor é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de indie rock Titus Andronicus, publicado o 9 de marzo de 2010 a través do selo XL Recordings. Trátase dun álbum conceptual lixeiramente baseado en temas relacionados coa guerra civil estadounidense.[1]

The Monitor
Álbum de Titus Andronicus
Publicado9 de marzo de 2010
Gravaciónagosto de 2009
Duración65:24
Xénero(s)indie rock, punk rock, folk punk, heartland rock
Selo(s)XL Recordings
Producido porKevin McMahon
Cronoloxía
The Airing of Grievances
(2008)
The Monitor Local Business
(2012)

O título do disco é unha referencia ao USS Monitor, o primeiro acoirazado comisionado pola Armada dos Estados Unidos de América, e o tema de peche "The Battle of Hampton Roads" refírese á batalla entre o Monitor e o CSS Virginia, que tivo lugar os días 8 e 9 de marzo de 1862; segundo a banda, "o lanzamento deste disco é a nosa forma de celebrar o 148 aniversario deste evento histórico". Hai numerosas referencias ás primeiras cancións de Billy Bragg como algunhas letras de "A More Perfect Union" e a canción "Richard II". The Monitor conta coa colaboración de membros de Ponytail, Wye Oak, Hallelujah The Hills, Felice Brothers, Spider Bags, Vivian Girls e The Hold Steady.

Listaxe de cancións editar

Tódolos temas escritos e compostos por Patrick Stickles

N.º Título Duración
1. "A More Perfect Union"   7:09
2. "Titus Andronicus Forever"   1:55
3. "No Future Part Three: Escape From No Future"   5:16
4. "Richard II or Extraordinary Popular Dimensions and the Madness of Crowds (Responsible Hate Anthem)"   5:06
5. "A Pot in Which to Piss"   8:53
6. "Four Score and Seven"   8:38
7. "Theme from Cheers"   5:01
8. "To Old Friends and New"   7:00
9. "...And Ever"   2:24
10. "The Battle of Hampton Roads"   14:02

Notas editar

  1. "Titus Andronicus Reveal Civil War-Themed Second Album". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-10-28.