The Maze Runner (filme de 2014)

filme de 2014 dirixido por Wes Ball

The Maze Runner é un filme de ficción científica e de acción e misterio estadounidense baseado nun libro de 2009 do mesmo nome obra de James Dashner. Dirixido por Wes Ball e guión de Noah Oppenheim, o filme está protagonizado por Dylan O'Brien, Thomas Sangster, Kaya Scodelario, Will Poulter, Aml Ameen, Ki Hong Lee, e Blake Cooper.[3] Nos Estados Unidos e España a estra foi o 19 de setembro de 2014, aínda que noutros países, coma en Portugal, a estrea foi un día antes, o 18 de setembro de 2014.[4]

The Maze Runner
Ficha técnica
Título orixinalThe Maze Runner
DirectorWes Ball
ProdutorEllen Goldsmith-Vein
Marty Bowen
Wyck Godfrey
Lee Stollman
GuiónNoah Oppenheim
Baseado enThe Maze Runner de James Dashner
IntérpretesDylan O'Brien
Thomas Sangster
Will Poulter
Kaya Scodelario
Aml Ameen
Ki Hong Lee
Blake Cooper
Patricia Clarkson
MúsicaJohn Paesano
FotografíaEnrique Chediak
MontaxeDan Zimmerman
Estudio20th Century Fox
Distribuidora20th Century Fox
Estrea19 de setembro de 2014
Duración125 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAcción, aventuras, ficción científica, misterio
Orzamento$34 000 000[1][2]
Recadación$348 300 000[1]
Filme seguinteMaze Runner: The Scorch Trials
Na rede
http://www.themazerunnermovie.com e https://www.20thcenturystudios.com/movies/the-maze-runner
IMDB: tt1790864 Filmaffinity: 127451 Allocine: 188550 Rottentomatoes: m/the_maze_runner Mojo: mazerunner Allmovie: v577902 TCM: 2000251 Metacritic: movie/the-maze-runner TV.com: movies/the-maze-runner
Facebook: MazeRunnerJP Twitter: mazerunnermovie Netlix: 70291089Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Thomas acorda dentro dun escuro elevador en movemento, sen que lembre nin o seu nome. A súa memoria está completamente apagada. Mais non está só; cando a caixa metálica chega ao seu destino e as portas se abren, Thomas vese arrodeado por outros mozos que o acollen e lle presentan a Clareira, un espazo aberto cercado por muros xigantescos de formigón. Coma Thomas, ningún deles sabe como foi parar alí, nin por que. Só saben que todas as mañás as portas do labirinto que os cerca se abren, e, á noite, se fechan. E que a cada trinta días o elevador sobe un novo rapaz. Aos dous días, Thomas lembra o seu nome. Porén, un feito altera de xeito radical a rutina do lugar - chega unha moza, a primeira enviada á Clareira, e aínda máis sorprende a mensaxe que trae consigo. Thomas será máis importante do que imaxina, mais para iso terá de descubrir os sombríos segredos gardados na súa mente e correr, correr moito polo labirinto para atoparen a saída.

Personaxes editar

 
Kaya Scodelario e Dylan O'Brien nunha rolda de prensa do filme na San Diego Comic-Con International en xullo de 2014

Produción editar

A filmación ocorreu en Baton Rouge, Luisiana. Comezou o 13 de maio de 2013, e terminou oficialmente o 12 de xullo de 2013.

Posprodución editar

O filme foi orixinalmente programado para ser lanzado o 14 de febreiro de 2014[5], mais o 5 de outubro de 2013, anunciouse que se atrasaría para o 19 de setembro de 2014.[6]

Mercadotecnia editar

En xullo de 2013 foron lanzadas once cartas dos personaxes do filme. A partir de xaneiro de 2014, o director Wes Ball comezou a publicar unha imaxe do filme cada semana, até presentar o tráiler o 17 de marzo de 2014.[7]

Unha campaña de mercadotecnia viral comezou o 16 de abril de 2014 no site da WCKD chamado wckdisgood.com

O 26 de xuño de 2014, Dylan O'Brien twittou que o libro orixinal The Maze Runner será relanzado cunha nova capa, baseado no cartel do filme.

Acollida editar

Despacho de billetes editar

O 21 de setembro de 2014, The Maze Runner recaudara 32.500.000 de dólares nos Estados Unidos e 49.000.000 no resto do mundo, cun total de 81.500.000 de $.

Crítica editar

The Maze Runner recibiu críticas en xersal positivas, con eloxios ás actuacións do elenco, a trama intrigante, bos efectos visuais, e o ton escuro do filme.[8][9]

Secuela editar

O 11 de outubro de 2013, foi relatado que a Fox adquiriu os dereitos para o segundo libro, The Scorch Trials. O guión será escrito por T.S. Nowlin, con supervisión de guión do director Wes Ball.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Box Office Mojo, ed. (19 de setembro de 2014). "The Maze Runner (2014)". Consultado o 3 de febreiro de 2015. 
  2. Bahr, Lindsey (18 de setembro de 2014). Entertainment Weekly, ed. "Box office preview: 'Maze Runner' teens prepare to battle Liam Neeson". Consultado o 24 de setembro de 2014. 
  3. http://theartofken.com/viewblog.php?blogID=the-maze-runner-news-80
  4. "‘Teen Wolf’ star Dylan O’Brien to star in ‘The Maze Runner’ movie". hypable.com. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2014. Consultado o May 7, 2013. 
  5. singersroom.com (ed.). "Jacob Latimore Lands New Movie Role in 'Maze Runner'". Consultado o 7 de maio de 2013. 
  6. http://www.comingsoon.net/news/movienews.php?id=109817
  7. Zalben, Alex (17 de marzo de 2014). "'The Maze Runner': Watch The Full Trailer Now". mtv.com. Consultado o 19 de marzo de 2014. 
  8. "Review: 'The Maze Runner' perks up tired YA action formula". Consultado o 18 de setembro de 2014. 
  9. "Review: 'Maze Runner' gives a strong young cast plenty of room to shine". Consultado o 18 de setembro de 2014. 
  10. Chitwood, Adam (11 de outubro de 2013). "Fox Hires Writer to Start Work on MAZE RUNNER Sequel THE SCORCH TRIALS". Collider. Consultado o 11 de outubro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar