The Masses Against the Classes

«The Masses Against the Classes»
sinxelo de Manic Street Preachers
Lanzamento 10 de xaneiro de 2000
Formato
Gravada
Xénero musical rock alternativo, hard rock, pop punk
Lingua(s)
Duración 3:23
Discográfica Epic Records
Produtor(es) Dave Eringa
Escritor(es)
Cronoloxía
«Tsunami» «The Masses Against the Classes» «So Why So Sad»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"The Masses Against the Classes" é unha canción da banda galesa de rock alternativo Manic Street Preachers, publicada como un sinxelo de edición limitada en xaneiro do ano 2000. Foi un sinxelo independente, e o tema non apareceu en ningún álbum de estudio. O sinxelo foi eliminado o mesmo día do seu lanzamento pero a pesar diso acadou o número 1 no Reino Unido.[1]

Antecedentes editar

O título da canción deriva dunha cita do primeiro ministro británico do século XIX William Ewart Gladstone ("All the world over, I will back the masses against the classes", que en galego significa: En todo o mundo, apoiarei ás masas contra as clases). O sinxelo comeza cunha cita de Noam Chomsky e remata cunha de Albert Camus. A portada mostra a bandeira cubana sen a estrela, marca da ideoloxía política socialista da banda. O grupo tocou posteriormente na Habana, en febreiro de 2001, nun concerto con todas as entradas vendidas no teatro Karl Marx e con Fidel Castro entre o público, a quen coñeceron cando chegou só trinta minutos antes de que tivesen que tocar.[2]

Lista de cancións editar

Toda a música composta por James Dean Bradfield e Sean Moore agás onde se indique. Todas as letras escritas por Nicky Wire, agás onde se indique.

CD e 10" británicos

  1. "The Masses Against the Classes" – 3:23
  2. "Close My Eyes" – 4:27
  3. "Rock and Roll Music" (música e letra: Chuck Berry) – 2:53

Notas editar

  1. "The Masses Against the Classes". officialcharts.com. Consultado o 15 de marzo de 2024. 
  2. Power, Martin (17 de outubro de 2010). Manic Street Preachers. Omnibus Press.