The Maine Woods
The Maine Woods (Os bosques de Maine, en tradución literal suxerida ó galego) é un libro escrito polo autor estadounidense Henry David Thoreau.
Historia e características
editarA primeira edición do libro data do 1864[1], trala morte do autor. Esta edición foi preparada por Ellery Channing e Sophia Thoreau. Esta edición consistía en tres capítulos e un apéndice de termos técnicos. Aínda que os tres primeiros capítulos son completamente independentes, o autor tiña unha visión unitaria de todos eles[1]. Estes narran as tres viaxes de exploración que o autor realizou a través das forestas de Maine nos anos 1846, 1853 e 1857[1]. Os dous primeiros capítulos, Ktaadn e Chesuncook, foran publicados previamente en diarios, mais Thoreau revisounos profundamente para a publicación en formato libro. Ktaadn foi publicado no 1848 no diario Union Magazine de John Sartain[1]. O volume Chesuncook fóra publicado no 1858 na revista Atlantic Monthly de James Russell Lowell[1]. As dúas últimas partes, The Allegash and East Branch e o apéndice de termos técnicos, foron publicados por vez primeira na primeira edición, non sendo revisada polo propio autor. Debido a isto téñense observado erros e incongruencias, especialmente referentes a termos botánicos, vocábulos dos idiomas indíxenas ou disrupcións xeográficas e temporais no transcurso da viaxe[1]. Estes erros foron corrixidos en edicións sucesivas[1].
Temática
editarO libro mostra varios dos temas usuais nas obras de Thoreau.
Natureza
editarPor unha banda, a paisaxe e a natureza son descritas de maneira detallada, con frases alongadas. A natureza, virxe ou case inafectada, é descrita cos ollos dun botánico, naturalista e xeógrafo. Son comunes as citas de flores e árbores, aves e animais e de accidentes xeográficos. De feito cada un dos diferentes capítulos levan coma título o nome dun lugar do estado de Maine. Así Ktaadn é un cumio, Chesuncook e Allegash son os nomes de dous lagos e East Branch fai referencia a parte leste do río Penobscot. Descríbese coma o ser humano e o seu modo de vida afectan a contorna. Por exemplo cítase a influencia dos madeireiros e a súa afectación nas forestas, axudando á construción de infraestruturas primitivas e dos primeiros asentamentos humanos en Maine. Critícase a caza, especialmente aquela que afectaba ós renos. E como o ser humano non é capaz de relacionarse co medio natural, entendendo este unicamente coma unha fonte de recurso e de aproveitamento.
Formas de vida
editarDescríbense tamén a situación e organización das vilas e asentamentos polas cal viaxaba o autor. Relatando a relación coas comunidades de nativos americanos, os diversos oficios ou os medios de transporte fluviais, coma por exemplo os batteaux ou batteau.