The Lost World (filme de 1925)

filme de 1925 dirixido por Harry O. Hoyt

The Lost World é un filme estadounidense de 1925 dirixido por Harry O. Hoyt. É un filme de monstros e aventuras baseado na novela homónima de Arthur Conan Doyle (1912). Foi producido e distribuído por First National Pictures, daquela, un estudio grande de Hollywood, e está protagonizado por Wallace Beery como o profesor Challenger. O filme salienta por ser un dos pioneiros no uso de efectos especiais de stop motion, obra de Willis O'Brien, un precursor do seu traballo no filme King Kong. Doyle aparece nun frontispicio da película, ausente nalgunhas versións existentes.

The Lost World
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Lost World
DirectorHarry O. Hoyt
ProdutorEarl Hudson
GuiónMarion Fairfax
Baseado enThe Lost World
novela de 1912 de Arthur Conan Doyle
IntérpretesBessie Love
Lewis Stone
Wallace Beery
Lloyd Hughes
FotografíaArthur Edeson
MontaxeGeorge McGuire
EstudioFirst National Pictures
DistribuidoraFirst National Pictures
Duración106 minutos (orixinal)
55 minutos (Kodascope 16 mm)
64 minutos (1991)
100 minutos (1998)
93 minutos (2000)
110 minutos (2017)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras
Orzamento700 000 dólares[1]
Recadación1,3 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt0016039 Filmaffinity: 195562 Allocine: 48680 Rottentomatoes: m/1043525-lost_world Allmovie: v30171 TCM: 308185 Netlix: 17204467Editar o valor em Wikidata

En 1998, The Lost World foi considerado "cultural, historicamente ou esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos e foi escollido para a súa preservación polo National Film Registry.[3][4] Debido á súa antigüidade, o filme está no dominio público e pódese descargar legalmente en liña.[5][6]

Versión reconstruída e restaurada da copia de 1925; tempo de 01:32:38 con créditos de peche modernos engadidos (2001).

Sinopse editar

Unha expedición dirixida polo profesor Challenger vai de Londres ao Brasil co fin de atopar o mundo perdido que se menciona no diario do desaparecido explorador Maple White. O equipo está formado polo profesor Challenger, o profesor Summerlee, Sir John Roxton, o xornalista Edward Malone e Paula White, filla do explorador. Os viaxeiros chegan a unha meseta misteriosa na selva amazónica. Ofrécelles un espectáculo excepcional: o lugar permaneceu como na época dos dinosauros.

Personaxes editar

Recepción editar

En 1922, Arthur Conan Doyle mostrou o carrete de proba de O'Brien a unha reunión da Society of American Magicians, que incluía a Harry Houdini. O público asombrado viu imaxes dunha familia de Triceratops, un ataque dun Allosaurus e algunhas imaxes de Stegosaurus. Doyle negouse a discutir as orixes do filme. Ao día seguinte, The New York Times publicou un artigo na primeira páxina ao respecto, dicindo "os monstros do mundo antigo (de Conan Doyle) ou do novo mundo que descubriu no éter, eran extraordinariamente vivos. Se son falsos, eran obras mestras".[8]

En abril de 1925, nun voo Londres-París de Imperial Airways, The Lost World converteuse no primeiro filme que se mostrou aos pasaxeiros dunha compañía aérea.[9] Dado que as películas da época eran de nitrato e altamente inflamables, esta era unha empresa arriscada nun avión de madeira e casco de tea, un bombardeiro convertido na primeira guerra mundial, o Handley-Page O 400.

Notas editar

  1. "Business: Film Exports". Time. 6 de xullo de 1925. Arquivado dende o orixinal o 3 de xuño de 2008. Consultado o 12 de xullo de 2011. 
  2. Quigley Publishing Company "The All Time Best Sellers", International Motion Picture Almanac 1937–38 (1938) p. 942 Consultado o 19 de abril de 2014
  3. "Complete National Film Registry Listing | Film Registry | National Film Preservation Board | Programs at the Library of Congress | Library of Congress". Library of Congress, Washington, DC. Consultado o 4 de maio de 2020. 
  4. The Associated Press (17 de novembro de 1998). Rice, Patrick A., ed. "'Easy Rider,' other films join national registry". The Times Herald 93 (321) (Port Huron, Michigan: Gannett). p. 21 – vía Newspapers.com. 
  5. "Copyright Search Report: The Lost World (1925)". Internet Archive. United States Copyright Office. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  6. Hirtle, Peter B. "Copyright Term and the Public Domain in the United States". Cornell University. Cornell University Library Copyright Information Center. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  7. Lederer, Josie P. (xuño de 1925). "The Lost World". Pictures and Picturegoer 9 (52): 12–13. 
  8. Pettigrew, Neil (1999). The Stop-Motion Filmography. MacFarland and Company, Inc. p. 427. 
  9. "An Aerial "Picture Theatre"". Flight: 225. 16 de abril de 1925. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar